0-1. O derbi foi granate

Borja Domínguez celebra su gol. GONZALO GARCÍA

Un golazo de Borja Domínguez tumbou ao Celta B en Barreiro nun partido de alto voltaxe que reengancha ao Pontevedra á loita polos play off

O Pontevedra Club de Fútbol derrotou ao Celta B nun intenso partido disputado en Barreiro e volve engancharse á loita polos postos de play off.

Un gol de Borja Domínguez nunha gran xogada colectiva polo flanco dereito do ataque granate, no que o centrocampista finalizou con forza e precisión, deulle os tres puntos aos granates.

A primeira parte estivo chea de alternativas no xogo e de imprecisións no centro do campo. O cadro de Pasarón puido adiantarse por medio de Kevin Presa nunha acción de estratexia, pero Apeh respondeu nunha xogada na que se plantou ante Edu Sousa, pero rematou demasiado cruzado.

A movida primeira metade deixou paso a un segundo tempo no que o Pontevedra foi crecendo paulatinamente ata adiantarse no marcador. Co 0-1, á metade do segundo acto, o Celta B gañou metros e o Pontevedra contraatacou.

Álvaro Bustos puido sentenciar cun disparo ao longueiro nunha gran xogada colectiva do Pontevedra, pero errou e o Celta B puido igualar por medio de Pastrana, que tivo unha dobre ocasión no desconto, que Edu Sousa detivo milagrosamente por dúas ocasións.

FICHA TÉCNICA
0 - Celta B: Iván Villar, Diego Alende, Ros, Costa, Pampín, Rai (Á. Serrano, m.85), Dani Molina (Adrián, min. 77), Solís, Ibán Salvador (Pastrana, min. 70), Bermejo e Apeh.

1 - Pontevedra: Edu, Campillo,  Víctor Vázquez, Adrián León, David Castro, Kevin, Borja Domínguez, Pedro Vázquez, Romay (Berrocal, min. 89), Álvaro Bustos (Pibe, min. 75) e Arruabarrena (Javi Pazos, min. 62).

Goles: 0-1. Minuto 61. Borja Domínguez.

Árbitro: Cid Camacho (Castilla-León). Amonestó con cartulina amarilla a Diego Alende, Apeh y Salvador.

Incidencias: Partido correspondiente a la vigésima quinta jornada de Liga de Segunda División B disputado en el Campo de Barreiro de Vigo ante unos 1.500, unos 500 desplazados desde Pontevedra.