Luisito: "Mentres eu sexa o adestrador, este equipo vaise matar no campo"

O técnico puxo en valor o esforzo realizado polo Pontevedra e laiouse por deixar escapar a vitoria
Luisito. GONZALO GARCÍA
photo_camera Luisito. GONZALO GARCÍA

Luisito amosou orgullo polo xogo do seu equipo e decepción polo resultado a partes iguais na rolda de prensa do partido de onte en Pasarón.

"Na primeira metade puidemos ter solucionado o partido. O máis normal tería sido chegar ao descanso cun marcador de 3-0 ou 4-0. Penalizounos a falta de acerto", laiouse o teense.

"Polo demais, non lle podo reprochar absolutamente nada ao meu equipo. Nestes partidos, normalmente, cando perdoas tantas ocasións, acabas pagándoo. E o certo é que puidemos perder cunha ocasión que Imanol sacou debaixo dos paos", lembrou tamén o técnico granate.

En conclusión, Luisito, debutante na segunda etapa, resumiu que "con tódolos meus respectos cara ao Guijuelo, se alguén mereceu gañar fomos nós". 

Sigan apoiando desde fóra, porque non imos dar un paso atrás

Luisito puxo en valor o bo encontro desenvolvido polos seus homes na cita deste mércores. "Sobre todo nos primeiros 60 minutos estivemos a un nivel impresionante". Iso si, viuse na obriga de facer algún retoque para recuperar a compostura. "Pasamos algunhas dificultades durante dez minutos, pero cando metemos a Jorge no terreo de xogo, volvemos ter o balón, que é o que eu quero": 

O adestrador granate quitoulle mérito ao profundo coñecemento do plantel que manexa, a pesar de traballar nada máis que un día con el. "O meu deber é coñecer tódolos equipos da Segunda B e o Pontevedra era o que máis. Nada máis tiven 40 minutos para adestrar o mércores. Expliqueilles que posiblemente iamos mudar do sistema un par de veces e fixérono á perfección", destacou.

Puxo en valor a actuación dos deportistas. "Estou super contento co rendemento deles porque se mataron. O único que lles pedín foi non andar a gorrazos co balón e fixérono moi ben. Vin a xogadores a un gran nivel". 

O conxunto estivo a un gran nivel e iso é o que temos que demostrar nos partidos que faltan, que van ser a cara de can

Iso si, o técnico tamén sabe que non hai tempo. "O problema meu é que temos moi pouca marxe de erro". 

Non atopa unha resposta concreta ao maior equilibrio da segunda metade. Se cadra o aspecto físico ou se cadra que "o rival tamén xoga. Futbolista por futbolista, ten moi bo equipo, pero eu creo que o Pontevedra estivo a un gran nivel. E iso é o que temos que demostrar nos cinco partidos que nos quedan, que van ser cinco encontros a cara de can". 

O meu deber é coñecer tódolos equipos e o Pontevedra era o que máis

Luisito destacou o elevado nivel dos rivais. "Somos dez trasatlánticos. Hai que remar e non mirar para abaixo. Sempre con respecto para todos, pero sen medo. O Pontevedra fichou a estes xogadores porque son moi bos. E teñen que seguir a demostralo". 

Por último, Luisito mandou unha mensaxe aos seareiros. "Aínda que non poidan vir ao campo, que sigan apoiando desde fóra, porque o equipo non vai dar un paso atrás. Mentres sexa o seu adestrador, os xogadores van respostar coma este día: chegaron ao vestiario desfondados. Vanse matar e cada vez xogaremos mellor. Fixemos un partidazo". 

Puidemos ter solucionado o partido na primeira metade. O normal tería sido chegar ao descanso 3-0 ou 4-0

O dato: "O domingo xogan Rufo e dez máis"
Luisito fixo unha defensa a ultranza dos futbolistas e particularmente de Rufo.
"A Rufo xa lle dixen no vestiario que se alguén ten garantida a titularidade o domingo é el. Domingo xogan Rufo e dez máis. Eu teño errado ocasións sen porteiro. Outro día, de dúas ocasións, meterá tres. Non podes fulminar a un xogador que fixo un partidazo e errou no remate. Para min é unha peza fundamental e está a xogar con molestias. De Charles só hai que quitar o chapeu por vir ao seu equipo cando podía estar noutro club cobrando moito máis diñeiro. Con eses homes eu vou a morte. Oier estivo moi ben. Óscar entrou moi ben. Comigo non vai xogar o nome, vai xogar o que o mereza. Este mércores os que estiveron fixérono moi ben e non podo dicirlles nada malo". 
Na súa liña de defensa dos seus homes, sinalou que "se mataron no campo. Houbo momentos nos que xogamos moi ben. Para min, a primeira parte foi inmaculada. Se lle tivesemos metido o 1-0, penso que gañariamos o partido con facilidade", resumiu o preparador do cadro granate. 

 

Pol Bueso: "Fue el mejor inicio de la temporada: por ocasiones, por intensidad, por querer"

Pol Bueso, titular, recordó, antes de hablar del partido, que "nosotros sabemos que siempre es más fácil cambiar a uno que a 25 y destituir al míster. Pero nosotros somos los culpables de la situación".

Sobre la cita, "sabíamos qDAVID ((IMPORTANTE)) HQR! FÚTBOL: FOTOS DE ENTREVISTA A ROBERTO FEÁNS. FOTOS DE CARETOS A JUGADORES DEL PONTEVEDRA C.F. Y FOTO DE PLANTILLA. FOTO A LOS TRES CAPITANES. FOTO DE PORTADA SUPLEMENTO (balón con mascarilla), jueves, 15 oct · 11:50–12:10ue era todo o nada. Hemos tenido un inicio que, para mí, fue el mejor de la temporada. Por ocasiones, por intensidad, por querer, por muchas cosas. No hay reproche. Te sientes orgulloso de los compañeros. Lo que pasa es que las malas rachas de que el balón no quiera entrar existen".

El central castellonense entiende que "el tiempo que tenemos son cinco partidos. No podemos centrarnos en que los puntos se esfuman, sino mirar al frente y no ver otra cosa". 

DAVID ((IMPORTANTE)) HQR! FÚTBOL: FOTOS DE ENTREVISTA A ROBERTO FEÁNS. FOTOS DE CARETOS A JUGADORES DEL PONTEVEDRA C.F. Y FOTO DE PLANTILLA. FOTO A LOS TRES CAPITANES. FOTO DE PORTADA SUPLEMENTO (balón con mascarilla), jueves, 15 oct · 11:50–12:10

Imanol García: "Aunque te pegues tres días jugando, el balón no iba a entrar"

Imanol García destacó que fue "el típico partido que aunque te pegues tres días jugando el balón no iba a entrar". El medio centro, que quiso ver el lado positivo en la evolución del equipo, aclaró que "nunca sabes por qué falta el acierto. Cuando tienes ansias de ganar, a veces pasan estas cosas". 

DAVID ((IMPORTANTE)) HQR! FÚTBOL: FOTOS DE ENTREVISTA A ROBERTO FEÁNS. FOTOS DE CARETOS A JUGADORES DEL PONTEVEDRA C.F. Y FOTO DE PLANTILLA. FOTO A LOS TRES CAPITANES. FOTO DE PORTADA SUPLEMENTO (balón con mascarilla), jueves, 15 oct · 11:50–12:10

Charles: "El empate es una derrota. Fue un acoso y derribo"

Charles se mostró muy contrariado por el 0-0 final. "Hemos hecho de todo para ganar. En la primera parte fue un acoso y derribo. El balón no quiso entrar. Un empate para nosotros es una derrota". El brasileño quiso ver el lado positivo. "Claro que podemos. Lo sabemos. Lo hemos demostrado". 

 

Chuchi, CGon HQR! FÚTBOL, SEGUNDA B: PONTEVEDRA C.F. - GUIJUELO, miércoles, 10 feb · 17:00–18:50D Guijuelo: "Hay que valorar el punto y mantener la portería a cero"

El técnico debutante del Guijuelo valoró que "el hecho de no perder manteniendo la portería a cero es importante". Según Chuchi "en la primera parte han sido superiores y han generado muchas situaciones. En la segunda nos hemos asentado y hemos generado peligro". 

Comentarios