Mongil vaise do Pontevedra

O xogador abandona a disciplina do conxunto granate para estudar diferentes ofertas

Mongil, nun adestramento do Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Mongil, nun adestramento do Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Víctor Mongil deixou de ser xogador do Pontevedra Club de Fútbol este xoves á tarde despois de acadar un acordo coa entidade granate para a rescisión do seu contrato. O futbolista, que apenas dispuxera de oportunidades no cadro da cidade do Lérez, dispón de varias ofertas e marcha sen cobrar máis dos meses que traballou para a entidade.

O Pontevedra céntrase agora na contratación dun lateral dereito e un central para reforzarse de cara á segunda volta. Nese senso, a saída de Mongil permitiralle dispor dunha licencia libre para facerse cos servizos cun xogador en idade sénior.

Comentarios