miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Unha mostra percorre en Santiago a historia do fútbol galego

El traje de Calleja y la camiseta de Cholo. RAYS
El traje de Calleja y la camiseta de Cholo. RAYS

A Cidade da Cultura acolle desde o Balón de Ouro de Luis Suárez ata o traxe de calleja ou a camiseta de Cholo do Hai que roelo

O Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolle desde este venres até o próximo 1 de setembro, a exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, na que se poden ver máis de 300 pezas como trofeos, recordos e material audiovisual dos momentos máis representativos do balompé galego, como o Balón de Ouro gañado en 1960 por Luis Suárez (A Coruña, 1935). 

Á inauguración acudiron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; os presidentes do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, e do Celta de Vigo, Carlos Mouriño; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; así como diversos deportistas e adestradores como Vero Boquete, Borja Oubiña e David Vidal. 

Entre as reliquias do fútbol galego están un traxe de Calleja e unha camiseta de Cholo, ademais dun póster do mitico 'Hai que roelo'

Nas diferentes partes do percorrido realizado polos comisarios da exposición, os asistentes lembraron vivencias e compartiron anécdotas ao rememorar algúns dos momentos máis importantes da historia do fútbol galego, como os trofeos conquistados polo Deportivo, a camiseta de Iago Aspas coa selección española, así como os éxitos do fútbol feminino, representados na futura de Verónica Boquete.

Feijóo pediu deixarse inspirar "polos xogadores que desde os terreos de xogo mostran a cara máis nobre do deporte" e que fan entender "a importancia das visións colectivas". "Revisar a historia do fútbol en Galicia supón transitar pola biografía do país, recuperar imaxes icónicas, fixadas na retina", profundou. 

O titular do Executivo galego remarcou que hai que "recuperar exemplos" e que o fútbol debe ser "fonte de inspiración para os máis novos". "Nesta exposición hai exemplos nos que mirarse para conseguir unha Galicia mellor, máis competitiva", incidiu. 

Feijóo expresou o seu desexo de que tanto Celta como Deportivo estean o próximo ano "na mellor liga do mundo", posto que "ten incidencia no PIB" e tamén "no sentimento dos galegos cando saen de Galicia". 

Un póster del mítico 'Hai que roelo'. RAYS

[Un póster do mítico Pontevedra do Hai que roelo, da 65/66. RAYS]

O presidente, que agradeceu o traballo dos comisarios, tivo palabras de eloxio para adestradores, xogadores e demais persoas relacionadas co fútbol. Así mesmo, abriu a posibilidade de que a exposición sexa levada a outras cidades de Galicia.

Vero Boquete: "É a mellor idea posible" 
Pola súa banda, a xogadora Verónica Boquete, falou "en nome dos protagonistas desta historia", e mostrou a súa emoción e agradecemento por unha exposición que "é a mellor idea posible" e que "permite lembrar aos futbolistas". 

A gañadora da Champions, cuxo nome leva desde hai uns meses o estadio municipal de Santiago no que xoga a SD Compostela, espera que "a exposición a visiten familias que compartan os seus recordos". 

Inauguración de la exposición 'Valor e mestría. Galicia como fútbol'. XOÁN REY

Unha mostra percorre en Santiago a historia do fútbol galego
Comentarios