O Mundioma Marín Peixegalego, á procura dunha garantía de permanencia

O equipo marinense intentará superar o Culleredo na Raña para deixar practicamente asegurada a continuidade en EBA
                      Jacobo de Benito avanza con el balón.
photo_camera Jacobo de Benito co balón nun partido de liga. DP

No seu afán por evitar sustos innecesarios, o Mundioma Marín Peixegalego recibe este sábado (A Raña, 20:00 horas) o Traumacor Culleredo. Inmerso xa no treito final da temporada, o bloque de Javier Llorente está situado en terra de ninguén da categoría, sen ningunha posibilidade de disputar a fase de ascenso e con remotas opcións de sufrimento. Pero esas últimas deben ser desterradas de forma definitiva canto antes.

O cadro marinense conta na actualidade con dez triunfos e dez derrotas que o sitúan na sétima posición. Dispón dunha marxe de dúas vitorias de vantaxe sobre un trío de perseguidores que pelexan por eludir a última praza de descenso. Entre eses bloques con oito triunfos atópase o visitante da Raña de este sábado. 

O equipo de Llorente principia o cuarto final da campaña, no que se enfrontará a equipos da zona media e baixa da clasificación

As sensacións na segunda volta son positivas para o cadro de Llorente, pero os resultados non tanto. Nos duelos xogados contra os cinco primeiros, os de Llorente competiron desde o primeiro ata o último cuarto, pero perderon máis do que gañaron. Fixéronse con dous triunfos e encaixaron tres derrotas. 

Agora comézalle un treito do calendario no que se medirá de forma continua a escadras da zona media-baixa da táboa. E na súa meta por evitar problemas, pode ser o xuíz da permanencia.

O Culleredo será o primeiro rival que se someterá á sumarísima vista do Peixe. O cadro coruñés chega a Marín tras un triunfo vital para a salvación, contra o Bosco Salesianos.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios