O Municipal vólvese hipnótico

► O Campionato de España de Baile Standard acolle a xornada central con cinco modalidades que fixeron as delicias dos afeccionados á disciplina no
Un momento da xornada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Un momento da xornada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Pontevedra viviu o sábado a segunda xornada do Campionato de España de Baile Standard, na que se levou a cabo a competición para dilucidar os campións nacionais en ata cinco modalidades diferentes.

Un momento da xornada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Un momento da xornada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O vals lento, o vals vienés, o tango, o slowfox e o quickstep foron as competicións que se desenvolveron sobre o tapiz que vestiu o parqué do Municipal dos Deportes durante unha frenética e completa xornada que arrancou á mañá e se extendeu ata a noite.

A beleza, intensidade e habilidade dos bailaríns fixeron as delicias do público asistente (unha bolsa de medio milleiro de afeccionados observaron o desenvolvemento e evolución das probas, no total foron moitos máis, debido a entrada e saída de seareiros que deron corido ás bancadas).

Os participantes deberon poñer enriba do tapiz horas de adestramento e traballo para amosar as súas capacidades diante dos xuíces. Estes deben valorar diferentes aspectos para realizar a valoración das coreografías que á postre determinan as posicións na clasificación.

undefined
Un momento da xornada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os elementos tidos en consideración son a postura, un dos aspecto do baile que máis valoran os xuíces, dado que confire elegancia á actuación; o ritmo, a liña -forma na que se proxecta o corpo, sempre conservando a elegancia-; as apertas, suxeitas que fan as parellas e maneira na que entran en contacto durante a súa actividade, na que a parella debe manter unha unidade circular; a pose ou posición establecida nos bailes estándar; por suposto a enerxía coa que se levan a cabo os exercicios, elemento que serve para conectar cos espectadores e co xurado; a forma ou harmonía na que se realizan os xiros, inclinacións das coreografías; e a posicións dos pés e as pernas, que requeren dunha posición concreta.

Cada xesto, mesmo facial, non só técnico, é tido en consideración na toma de decisións e require dun gran traballo e unha grande aplicación por parte dos bailaríns.

A formación do baile na alta competición esixe dun gran traballo, pero os resultados son espectaculares, movementos dunha grande beleza e pureza, cunha intensidade máxima e unha estética depurada, axudada polos detalles que os competidores se comprometen en preservar: o vestiario, o tocado e a maquillaxe son esenciais nese senso.

Nese aspecto cabe sinalar o forte investimento que nalgúns casos se ven obrigados a facer os participantes para dispoñer de vestidos e traxes que manteñan unha harmonía cos seus movementos e fagan lucir máis os movementos.

Este domingo seguirán adiante co espectáculo, na xornada de clausura dun evento que atraeu a Pontevedra uns 800 deportistas.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios