A natación afógase polo peche do Complexo Deportivo Rías do Sur

A viabilidade dos clubs vese ameazada polo peche da instalación debido á posible perda de deportistas e á imposibilidade de realizar adestramentos para as competicións inminentes  
Piscinas de Complejo deportivo rias do sur cerradas presuntamente por crisis energetica
photo_camera Piscinas do Complexo Deportivo Rías do Sur pechadas pola empresa concesionaria. RAFA FARIÑA

A natación, o waterpolo e a natación artística de Pontevedra afrontan unhas das crises máis grandes da súa historia en Pontevedra co peche da zona de augas do Complexo Deportivo Rías do Sur por parte da empresa concesionaria Supera.

Os clubes prepáranse para unhas consecuencias que poñen en serio perigo a súa viabilidade, se a clausura se prolonga no tempo.

Ademais, os deportistas de ámbito autonómico e nacional poden ver interrumpida a súa evolución e os adestramentos, e os postos de traballo dos técnicos están ameazados.

A situación, sobre todo, xerou unha grande incerteza e desazón nos afectados, que traballan na procura de solucións para os casos de necesidade máis inmediata.

"No podemos entrenar. No sabemos qué va a pasar con nuestros trabajos. Estamos muy preocupados", expresa a ese respecto Cristian Fernández, adestrador do CN Galaico, que ademais é nadador do club e recoñece que é complicado manter a tensión competitiva en circunstancias como a actual.

"Como deportistas es imposible preparar un campeonato en condiciones sin saber dónde vas a entrenar y cómo vas a poder hacerlo". Non só a nivel de preparación para o rendemento físico, "sino también a nivel psicológico. Estás con un estrés que te impide enfocar los entrenamientos. No sabes dónde vas a poder entrenar ni si vas a poder", expresa o técnico do Galaico que lembra que os pais respaldan ao club, conscientes de que non é a culpable da situación.

"Es imposible preparar un campeonato en condiciones sin saber dónde vas a entrenar"

Diego Pérez, responsable deportivo do Galaico, apunta a un problema de fondo a medio e longo prazo que pode arruinar ao club deportiva e economicamente: as baixas por imposibilidade de atender o servizo. "Intentamos darlle alternativa á canteira para paliar as baixas que imos ter. Aí si que vai ser unha sangría". Pérez prevé que sen poder adestrar, moitos rapaces das categorías menores acabarían cambiando a natación por outras actividades deportivas.

Secomasí, segue a concebir algunha remota esperanza de que a instalación reabra canto antes. "Aínda estamos pelexando para que poidamos abrir a piscina, de algunha maneira. Pero véxoo cru", sinala o técnico.

Non convén esquecer que o pagamento das cotas dos deportistas é fundamental para a subsistencia dos clubs, xa que deben afrontar custos de instalación, de licenzas, de persoal (adestradores, fundamentalmente) e outros gastos correntes.

"Intentamos darlle alternativa á base, pero vai ser unha sangría"

As críticas á empresa Supera son unha tónica dos clubs. Vena responsable da mala xestión que a levou ata o punto actual.

Nunha situación similar á natación en liña atópanse a natación artística e o waterpolo. O Galaico Sincro e o CW Pontevedra precisan da instalación para a supervivencia, a viabilidade da actividade e a motivación e progreso dos seus deportistas.

Javi de Saa coordinador deportivo do CWP lembra que o 80 por cento da actividade do club se desenvolve en Rías do Sur. 

"Si cierra, el mantenimiento será lo peor. En la última ocasión, se había deteriorado bastante, por la oxidación de las máquinas"

"Venimos de un año y medio parados por la pandemia y ahora otra vez. Salimos de una y nos metemos en otra y más sin esperarlo. Fue una sorpresa", explica De Saa, que xa traballa na procura de solucións. En todo caso, "si no se soluciona pronto, de esta va a ser complicado salir", sostén.

De Saa lembra que a instalación foi pechada por Supera o ano pasado durante un mes, con motivo da pandemia, no que os clubs se fixeron cargo dela. O risco agora é para o mantemento. "Si cierra durante mucho tiempo, el mantenimiento será lo peor. En la última ocasión se había deteriorado bastante, por la rápida oxidación de las máquinas", apunta.

ENM, SOLUCIÓN PARCIAL. A Escola Naval Militar de Marín será a vía de escape puntual para que un centenar de deportistas do CW Pontevedra, o CN Galaico e o CNS Pontevedra poidan solucionar as súas necesidades de competicións inminentes.

Uns 100 deportistas poderán traballar nas próximas semanas e ata a Semana Santa, na instalación, para adestraren de cara ás máis inmediatas competicións de ámbito nacional, segundo aclarou o presidente da Fegan, Carlos Touriño. O problema é que case 400 deportistas non poderán verse beneficiados por esta medida.

A piscina de Marín é outro lugar no que o CW Pontevedra busca espazo. O CGTD tamén cedeu un carreiro, puntualmente, ao CN Galaico Sincro.

"Para la natación pontevedresa es un golpe bajo de la empresa"

Touriño denunciou a decisión da empresa Supera: "Para la natación pontevedresa es un golpe bajo de la empresa. Un golpe terrible. ¿No será mejor negociar y tratar de llegar a una solución que cerrar?", pregúntase. 

O peche tamén afecta aos deportistas becados do CGTD.

O CONCELLO NEGOCIA CON RÍAS DE SUR. O presidente da Fundación Rías do Sur e o director xeral de Deportes de Pontevedra, Jaime Agulló, mantiveron unha primeira reunión despois do peche da instalación para analizar a situación. O concelleiro de Deportes de Pontevedra, Tino Fernández, agarda manter unha xuntanza o próximo luns cos representantes da Fundación e dos clubs para atopar unha solución satisfactoria.

As dúas institucións levaban xa tempo negociando nun convenio estable polo cal o Concello puidese dispoñer da piscina para a organización dos seus eventos deportivos a cambio dunha contraprestación anual, que no primeiro ano consistiría na renovación da iluminación  (mudando as lámpadas actuais por LED) e doutros elementos da instalación. Posteriormente estableceríase unha cantidade económica anual razonable.

Fernández lembrou que, no caso de existir a opción, a xestión da infraestrutura non sería asumible economicamente polo Concello. 

Supera: La Fundación tiene altrenativas encima de la mesa"
A través do seu director de comunicación, Roberto López, a empresa Supera explicou a Diario de Pontevedra que o peche da lámina de auga de Rías do Sur non debería ter sorprendido aos responsables da Fundación.

"Claro que ha habido conversaciones. Y se les ha informado puntualmente de todo. Y tienen alternativas sobre la mesa. Desde luego".

"Ayer (polo xoves) estuvimos hablando con ellos hasta las 22.30", agregou López, que preferiu evitar manifestar o contido concreto das alternativas ofrecidas a Rías do Sur.

A empresa, que non debe aboar un dos gastos máis importantes, o do quecemento da auga (encárgase de facelo de forma gratuíta Ence), expresou que as perdas "con estos costes energéticos son inasumibles. Después de la pandemia, muchos clientes aún no han vuelto al centro, unido a estos costes brutales, es imposible mantener abierta la instalación al completo".

Supera conta con doce traballadores en Rías do Sur que se verán afectados por un ERTE parcial ou total. 

A decisión de Supera é global, xa que pechou once piscinas de toda España, ademais da de Ponte Muíños.

A empresa afrontou un troco de propietarios en 2015, coa compra por parte dun fondo de investimento de risco chamado Portobello Capital de máis do 50 por cento das accións, que puido mudar a forma de comprender o negocio por parte da empresa.

Comentarios