Premios HQR!: unha noite chea das estrelas

Diario de Pontevedra recoñece os mellores deportistas, técnicos e entidades de 2023 na cerimonia de entrega dos Premios HQR!, nun emotivo acto desenvolvido no Teatro Principal

Os mellores deportistas, técnicos, dirixentes e institucións de Pontevedra e a súa área de influencia foron recoñecidos onte na quinta edición dos Premios HQR!, evento que se desenvolveu no Teatro Principal de Pontevedra, organizado pola Asociación HQR! e Diario de Pontevedra, co patrocinio de Construcciones Ramírez, Joyería Ferse e Funeraria San Marcos.

Unha ateigada sala principal, na que estaban presentes as autoridades da política, do deporte e da sociedade de toda a provinciagozaron dun emocionante acto, de aproximadamente 100 minutos de duración, no que se viviron emotivos episodios.

Entre o auditorio atopábanse membros das tres institucións políticas: o Concello de Pontevedra, que estivo representado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anabel Gulías; a Deputación Provincial, que contou coa presenza do seu presidente, Luis López; e a Xunta de Galicia, encarnada na figura do seu vicepresidente Diego Calvo e do seu delegado na provincia de Pontevedra, Agustín Reguera.

Tamén estiveron abandeirados os concellos da contorna. Entre eles, o alcalde de Cercedo Cotobade, Jorge Cubela; o rexedor de Poio, Ángel Moldes, ou o concelleiro de Deporte de Marín, José Antonio Traba.

Tampouco faltaron os concelleiros socialistas da corporación municipal de Pontevedra Iván Puentes e Yoya Blanco, nin a exsubdelegada de Goberno Maica Larriba.

A eles sumáronse dirixentes e membros das cúpulas directivas das federacións, como o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Manuel Fernández; o presidente da Federación Galega de Piragüísmo, José Alfredo Bea, ou o seu homónimo da de ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

A Brilat controu coa figura de Juan Miguel Esteban, mentres que as empresas ou institucións colaboradoras do evento tamén se deron cita. Arturo Ramírez, de Construcciones Ramírez, foi unha das autoridades do mundo do empresa que non quixo perder o evento. Por parte de Abanca, estivo presente Patricia Garrido.

Por suposto, non puido faltar o conselleiro delegado de Diario de Pontevedra, Antonio De Cora, e o director do xornal, Miguel Ángel Rodríguez.

Citáronse personalidades de diferentes clubes deportivos e modalidades, como o director do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Evaristo Portela; o histórico preparador físico Toño Puga; o alma mater do Squash Pontevedra, Miguel Novegil, ou a dobre medallista mundial e unha das grandes estrelas do piragüísmo español, Antía Jácome.

A gala serviu para lembrar a José Luis Torrado o Bruxo, falecido este ano e para recoñecer o excelente traballo desempeñado por Isidro Otero, figura capital do fútbol sala pontevedres, premio HQR! Lenda. Tamén se corou ata 15 campións do mundo nunha das maiores fornadas de éxitos polideportivos da historia de Pontevedra.

O premio especial Amador Larriba foi para o CD Arcade, primeiro club centenario da comarca. Como mellor promesa foi destacada a ciclista do XS Marín Lorena Patiño. O Colexio Los Sauces recibiu o galardón ao mellor proxecto educativo, mentres que o mellor proxecto de base correspondeu para o CAB. O premio ao mellor club foi para a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. O equipo promesa recoñecido foi o alevín feminino do CD La Peña.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios