sábado. 21.09.2019 |
El tiempo
sábado. 21.09.2019
El tiempo

Lete Lasa define Forcarei como “unha das mecas europeas do motociclismo"

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na presentación do Gran Premio de España de Supermoto.  XUNTA DE GALICIA
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na presentación do Gran Premio de España de Supermoto. XUNTA DE GALICIA
▶   O Campionato de Europa e o Gran Premio de España de Supermoto disputaranse en Madalena de Soutelo de Montes entre o 24 e o 25 de agosto

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no edificio da Xunta en Pontevedra o Gran Premio de España de Supermoto e a cuarta proba do Campionato de Europa que se disputará "nunha das mecas europeas do motociclismo" como é o circuíto da Madalena de Soutelo de Montes (Forcarei) os vindeiros 24 e 25 de agosto e que contará cos mellores riders do mundo.

Esta proba será a única do europeo que se leve a cabo en España xa que a anterior tivo lugar en Poznan (Polonia) e as dúas primeiras máis a última disputáronse en Italia. Nas súas verbas, José Ramón Lete agradeceu o traballo da Federación Galega e ao Motoclub VFM que permiten que probas "de esta natureza" teñan lugar en Galicia e que os espectadores galegos teñan a posibilidade de ver en acción a “vinte participantes que veñen de Francia, Italia, Alemaña, Finlandia, Estonia, República Checa, Colombia, Brasil ou Portugal”·.

A presencia galega estará garantida na manga paralela á internacional na que competirán outros pilotos nacionais e portugueses. Do mesmo xeito, Lete Lasa fixo un percorrido polos últimos éxitos do motociclismo galego que atravesa un excelente momento e aproveitou para felicitar a Gabriel Marcelli polo recentemente acadado campionato de Europa de Trial.

Son estes triunfos, dixo o secretario xeral, "os que animan a que aumenten as licenzas deportivas da federación que xa subiron un 15% no último ano". Sinatura coa presidenta do Motoclub VFM O secretario xeral para o Deporte asinou tamén o contrato de patrocinio desta cuarta proba do Campionato de Europa de Supermoto coa presidenta da entidade Vilagarcía, Sandra Fernández. Segundo o acordo asinado o luns, a Xunta de Galicia outorga ao club a cantidade de 6.000 euros para a realización do evento. 

Lete Lasa define Forcarei como “unha das mecas europeas do...
Comentarios