El calendario final del PCF dictará sentencia

O equipo granate e a Ponferradina loitarán polo cuarto posto nas dez últimas xornadas, nas que teñen pendente un duelo directo ►Os de Luisito aínda teñen que recibir ao Valladolid B e á Cultural
Mario Barco celebra a sinalización do penalti que abriu o camiño do triunfo do Pontevedra contra a Ponferradina
photo_camera Mario Barco celebra a sinalización do penalti que abriu o camiño do triunfo do Pontevedra contra a Ponferradina

O Pontevedra e a Sociedad Deportiva Ponferradina parecen destinados a loitar ata o último día polo cuarto posto do grupo I de Segunda División B.

O cadro granate avantaxa en catro puntos ao berciano a falta de dez xornadas para a conclusión do campionato, no que restan aínda moitos enfrontamentos directos por disputarse.

O calendario podería dictar sentanza no último cuarto de Liga, no que os dous conxuntos deberán afrontar partidos contra bloques da zona alta da clasificación.

A data sinalada, sen embargo, é o 2 de abril, cando a escadra de Luisito e a de Pedro Munitis se reencontrán no campo. O duelo corresponde á xornada 32 e disputarase en El Toralín.

O cadro de Pasarón terá tres envites particularmente esixentes antes do remate do curso: dous como local e o citado contra a Ponferradina coma visitante. O Valladolid B, que visitará Pontevedra o próximo domingo, e a Cultural Leonesa serán os bloques da zona alta da clasificación que se desprazarán á ribeira do Lérez para poñer a proba á escadra de Luisito.

Ademais do líder e dos outros aspirantes a disputar a promoción, o Pontevedra terá saídas sempre complicadas, como a que terá que facer a Tajonar para medirse ao Osasuna B, a que o enfrontará ao Somozas no Manuel Candocia, ao Boiro no campo da Barraña ou ao Caudal en Mieres, na última xornada do campionato.

Por Pasarón desfilarán os citados Valladolid B e Cultural Leonesa, pero ademais tamén o Tudelano e o Coruxo, dúas perigosas escadras situadas na zona media-alta da táboa, e a Arandina, bloque que se está a xogar a permanencia actualmente.

Se os partidos que terá o Pontevedra parecen moi esixentes a priori, os da Ponferradina non o serán menos. O que resta de marzo e o comezo de abril podería ser decisivo para o equipo que prepara Munitis.

De feito, as súas seguintes viaxes serán a Santander para medirse ao Racing e a Vigo, co Celta B como rival. Polo medio, o Palencia pasará por El Tolarín. Despois será o Pontevedra o que xogará no campo berciano.

As últimas seis xornadas serán relativamente máis sinxelas para o bloque branco e azul. Só relativamente, xa que terá viaxes trampa, como a que terá que facer a Ferrol para competir contra o Racing, a Villaviciosa para enfrontarse contra o Lealtad e a Pamplona para xogar perante o Osasuna B.

En El Toralín tamén deberán facer acto de presenza o Burgos, o Valladolid B e o Tudelano.

A segunda volta está a subir as esixencias de tódolos equipos, o que se traduce nas maiores dificultades que están a ter os mellores bloques da competición para manter a liña positiva de marcadores que lograron na primeira metade do curso.

A Cultural Leonesa e o Racing de Santander están a obter peores parciais ca no comezo do exercicio, ao igual que o propio Pontevedra. O bloque que mellor saiba administrar as súas forzas no treito final podería conseguir o seu obxectivo. O once granate parte cunha lixeira vantaxe: dispón de catro puntos de marxe con respecto á SD Ponferradina.

Comentarios