El hábito de luchar en el grupo de los mejores

O Pontevedra é o cuarto equipo que suma máis puntos entre a temporada pasada e a actual en Segunda B ►Só o Racing de Santander e a Cultural Leonesa son máis regulares cós granates
Luisito apláudelle aos seareiros granates despois do triunfo contra o Burgos
photo_camera Luisito apláudelle aos seareiros granates despois do triunfo contra o Burgos

O Pontevedra afianzouse nas dúas temporadas máis recentes como un dos equipos máis regulares da Segunda División B. O equipo granate ocupa a cuarta posición no agregado da puntuación da Liga das últimas dúas campañas. Só dous conxuntos manteñen unha dinámica máis positiva cá do once que adestra Luisito. Trátase do campión do pasado exercicio e do líder do actual, o Racing de Santander e a Cultural Leonesa. Os cántabros estaban entre os mellores no campionato pasado e seguen a facelo no presente, mentres que a Cultural, primeiro clasificado actual da Liga, batallaba polo cuarto lugar no campionato pasado.

Tódolos demais onces amosaron altos e baixos acusados entre unha e outra temporada, o que pon de manifesto a dificultade de manter un elevado rendemento na categoría. Así, o Racing de Ferrol acumula máis puntos có Pontevedra entre o agregado do curso 2015-16 e o 2016-17. Sen embargo, os departamentais, que arrasaron no pasado curso, están a atravesar por moitas dificultades no actual, como demostra o feito de que se atopan inmersos na pelexa por esquivar a zona de perigo.

Outro dos bloques que deu un baixón claro con respecto ao curso anterior foi o Logroñés. De ocupar un lugar entre os mellores do grupo I, o cadro rioxano pasou a verse coqueteando entre os bloques condenados a perder a categoría no grupo II, no que compiten os madrileños e os vascos, ademais dos cadros da súa provincia.

BAIXÓN. Outro dos que deu un baixón, aínda que segue estando preto da zona alta, é o Tudelano. No lado contrario, cabe destacar o salto de calidade que protagonizou o Celta B. E non porque o seu investimento se multiplicase, xa que no curso pasado xa era moi elevado, senón porque o actual adestrador atopou a tecla competitiva que non premera o anterior.

O Valladolid B foi unha das sorpresas desta campaña, xa que pasou de pelexar por salvarse en 2016 a estar mergullado na loita polos postos de play-off.

Comentarios