Patxi Salinas dirixirá ao Burgos na próxima temporada

O Pontevedra segue o ritmo con todo atado

O club granate ten a base do plantel elaborada antes do comezo da pretemporada, que se producirá o próximo luns, 17 de xullo ►Nas últimas campañas, Luisito dispuxo do 90 por cento do colectivo que tivo ás súas ordes na primeira sesión estival
O Pontevedra na primeira sesión da pretemporada pasada, co equipo practicamente ao completo
photo_camera O Pontevedra na primeira sesión da pretemporada pasada, co equipo practicamente ao completo

As etapas nas que o Pontevedra comezaba a pretemporada cun equipo pragado de xogadores do xuvenil e do filial para poder levar a cabo as sesións de adestramento pasaron a mellor vida. Polo menos desde que Lupe Murillo é presidenta e Roberto Feáns é o responsable da área deportiva da entidade.

O club granate habituouse a elaborar o primeiro plantel antes de que a actividade comezase, para evitar sustos de última hora e permitirlle ao adestrador poñer en práctica a súa metodoloxía de traballo con tódolos seus subordinados.

Esa maneira de ver as cousas tradúcese no feito de que o bloque da cidade do Lérez teña xa atados a case tódolos xogadores cos que contará para o próximo curso. Dispón de 18 licenzas de Segunda División B ocupadas e só ten unha necesidade por cubrir, un segundo dianteiro que pelexe polo posto con Jon Etxaniz. Non se descarta a incorporación dalgún xogador para outra demarcación, presumiblemente para o centro do campo.

A situación é similar á da campaña pasada, pero cun matiz: daquela faltaban dous futbolistas por chegar e os dous eran dianteiros: Mateu Ferrer e Mario Barco, ademais de que a incógnita sobre o futuro de Kevin estaba no ambiente. Mateu Ferrer non chegou ata a terceira semana do mes de agosto, días despois de que se confirmase a cesión de Mario Barco por parte do Lugo.

Borjas Martín e Verdú foron os dous últimos xogadores que chegaron ao plantel do Pontevedra na campaña do regreso a Segunda B

Os dianteiros fixéronse esperar no curso pasado, no que o resto do colectivo estaba pechado a primeiros de xullo



Neste caso, o PCF pode traballar coa tranquilidade de saber que ten tódalas liñas e demarcacións cubertas cun presumible xogador titular, algo que mesmo nos últimos exercicios, nos que houbo dilixencia por parte da entidade á hora de facer contratacións e renovacións, non conseguira, debido a diversos factores.

No exercicio 2014-15, o Pontevedra dilatara máis a formación do seu colectivo debido a tres motivos: a disputa da promoción de ascenso a Segunda División B, que non rematou ata finais de xuño, o troco na presidencia da entidade co acceso de Lupe Murillo a principios do verán e a resolución do expediente Puertollano, club que ascendera deportivamente ao derrotar ao propio Pontevedra na terceira rolda do play-off pero que non puido aboar a cantidade precisa para poder participar na categoría de bronce.

A pesar de todo, o club deulle forma ao seu colectivo e, na última semana de xullo, o plantel completouse coas incorporacións de Anxo e Jacobo Millán. En tres semanas, o bloque da cidade do Lérez elaborara o seu colectivo en base a renovacións e fichaxes.

No curso 2015-16, tres semanas despois da do ascenso, o Pontevedra mantivo o silencio con respecto ás fichaxes durante varias semanas e agardou practicamente ao comezo da preparación estival para facer oficiais tódalas contratacións. O 21 de xullo chegaron Jandrín, Miki e Álex Fernández. Poucos días despois chegaron Loureiro, Borjas Martín e Verdú.

En ningún deses casos foi preciso chegar a agosto para pechar o plantel, algo que contrasta co PCF da década pasada, que en varias ocasións debeu agardar ata ese mes para moldear o plantel agardando por xogadores rutilantes.

Borjas Martín e Verdú foron os dous últimos xogadores que chegaron ao plantel do Pontevedra na campaña do regreso a Segunda B Os dianteiros fixéronse esperar no curso pasado, no que o resto do colectivo estaba pechado a primeiros de xullo

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios