O orzamento máis grande da historia

O Club Cisne aprobou en asemblea un investimento de 561.608 euros para a temporada 2022-23, na que regresa a Asobal
Santi Picallo, presidente cisneísta nun partido no Municipal. DP
photo_camera Santi Picallo, presidente cisneísta nun partido no Municipal. DP

O Cisne presentará o orzamento máis grande da súa historia no seu segundo paso por Asobal. O club branco presentou na súa asemblea de socios do pasado mércores á noite os datos para a temporada que principia en setembro. A xunta directiva presidida por Santi Picallo estimou uns gastos de 561.608 euros para competir na máxima categoría. Un orzamento que se ve afectado polo incremento do custo do plantel, desprazamentos e, sobre todo, polos 56.000 euros que custa formalizar a presenza na División de Honra do balonmán.

O club branco aprobou tódolos puntos da orde do día, entre os que se atopaban as contas do pasado curso. A temporada 2021-22 saldouse cun déficit de 4.163,36 euros. O club ingresou 361.012,23 euros, pero gastou 365.175,36, como consecuencia da gran cantidade de viaxes e competicións que debeu de afrontar, aínda que mitigou en parte os gastos debido a diferentes movementos de publicidade e marketing para recabar fondos que lle permitiron mitigar os custos.

Ademais, aprobouse o cambio de estatutos para que o Cisne poida adquirir estatus de entidade de carácter social e oficializouse a aprobouse o acordo de filialidade coa SAR de Redondela, conxunto que milita en Primeira Nacional e no que actúan xogadores formados nas categorías inferiores do club que van dando o salto a sénior pero non teñen condicións para formar parte do primeiro equipo.

club estableceu os prezos dos seus abonos para o exercicio vindeiro. Os socios sénior ordinarios deberán realizar un desembolso de 115 euros, que supón un incremento de 20 con respecto á pasada temporada, aínda que non haberá ningún tipo de suplemento nos partidos máis relevantes de liga, nin contra o Barcelona nin contra o Frigoríficos do Morrazo Cangas, nin en ningún outro enfrontamento. O carné de xubilado será de 60 euros. O de universitario custará 70 e os de xúnior, para menores de 15 anos, de 40 euros.

A entidade deportiva tamén ofrece diferentes posibilidades para abonos grupais e familiares. O carné familiar, que implica un mínimo de dous carnés séniores e un de outra categoría, implica que os séniores pasarán a custar 95 euros. O modelo de familiar de base, coas mesmas condicións, acarrexará un desconto de dez euros máis: 85 euros para os carnés séniores.

Ademais, o club traballa para mellorar as condicións e os servizos para os seus socios colaboradores e protectores, e para iso pretende facer emprego dos palcos do pavillón municipal.

O principal contratempo que afronta agora mesmo o club é a ausencia dun patrocinador potente para o próximo curso. Os responsables da entidade seguen á procura dunha empresa que supoña un respaldo económico para afrontar coas mellores garantías a súa segunda viaxe a Asobal.

A aposta pola base, referencia de Galicia, é a seña de identidade á que vencellar o Cisne.

O Cisne, recibido pola Xunta tralo seu ascenso a Asobal
Foto cedida
O plantel, corpo técnico e representantes directivos do Club Cisne foron recibidos este xoves á mañá na Xunta de Galicia polo vicepresidente segundo galego, Diego Calvo Pouso, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. A entidade foi recibida na sede do executivo como recoñecemento aos notables resultados que obtivo a pasada campaña, e fundamentalmente polo ascenso acadado a Liga Asobal. Calvo Pouso quixo recoñecer o labor desenvolveito pola entidade cos seus valores de base e promoción do deporte entre os máis novos. O Cisne logrou o triunfo nas principais categorías base e clasificou os tres equipos, infantil, cadete e xuvenil, para participar en cadanseu sector nacional.  

Comentarios