domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Pablo Dapena volta competir 15 meses despois

Pablo Dapena, en outubro na súa volta aos adestramentos en Pontevedra. RAFA FARIÑA
Pablo Dapena, en outubro na súa volta aos adestramentos en Pontevedra. RAFA FARIÑA
O triatleta pontevedrés medirase este venres no Challenge Miami, tras máis dun ano de seca

Pablo Dapena volve este venres á competición en Miami. O triatleta pontevedrés comeza a temporada 2021 coa disputa do Challenge Miami, unha das probas de longa distancia que concede puntos para o ranking PTU e que ademais ofrece importantes premios económicos, o que o converte nun efecto de chamada para algúns dos mellores especialistas da longa distancia.

Non será unha proba calquera para Dapena, que retoma a actividade despois de un ano e tres meses da disputa da súa ultima competición en 2019: o Challenge de Daytona.

Para Dapena máis que para tódolos seus compañeiros, 2020 foi unha temporada escura, na que os problemas derivados do confinamento desembocaron nunha lesión que o mantivo apartado da actividade durante varios meses.

Iso, sumado á inseguridade porovocada pola pandemia fixeron que non se inscribise en ningunha proba ata este curso.

Despois de varias semanas preparándose en Lanzarote para poder traballar de forma óptima e eludir as duras restricións de Península Ibérica (incluido correr e rodar en bicicleta con máscara), volve á loita contra os mellores especialistas en Florida.

"É a primeira carreira desde decembro de 2019. Por iso estou con ganas e ilusión de volver competir despois dun ano moi duro", explicou desde Miami o atleta pontevedrés, xa mentalizado na proba do venres. 

É a primeira competición desde 2019. Estou con moitas ganas e ilusión despois dun ano moi duro

ACLIMATADO. Dapena leva xa varios días en Miami, levando a cabo unha preparación intensa e adaptándose ás condicións climáticas e horarias de Florida para afrontar a carreira coas mellores garantías. "Estou un pouco canso. Pouco a pouco baixando a carga de cara á proba", admitía.

O Challenge de Miami é unha competición de media distancia cunha lonxitude intermedia entre os triatlón 70.3 e a distancia olímpica. Os atletas deberán nadar 1,5 kilómetros, o que supoñen dúas voltas a un circuito acuático nun lago adosado ao circuito Homestead Miami Speedway. Coa instalación de carreiras de coches como centro neurálxico, os ciclistas levarán a cabo 60,3 kilómetros en bicicleta en 17 voltas e correrán 16,9 kilometros distribuidos en sete voltas.

"Hai varias zonas de curvas no interior do trazado que van facer que sexa algo máis lento que en Daytona e ademais está a pegar moito o vento. Non vai ser un espectáculo con todo o mundo acoplado ao manillar", anuncia o lerezano, que ve no veterán alemán Jan Frodeno, dominador nos Ironman, ao gran favorito xunto co candense Lionel Sanders, campión do mundo de longa distancia. Tamén compiten Matt Hanson (segundo en Daytona), Rudy Von Berg (terceiro no mundial 70.3), Ben Hoffman (podio en Hawai), ou Bart Aertnouss (podio en Hawai). A proba masculina comeza mañá ás 21.15 hora española.

O treito de bicicleta non vai ser tan rápido como en Daytona: hai varias curvas e en Miami está a soplar o vento

Pablo Dapena volta competir 15 meses despois
Comentarios
ç