Pablo Dapena, baixa definitiva para o Mundial de Ibiza

O triatleta pontevedrés padece unha fractura por estrés no pé dereito e quedou excluído da lista definitiva do seleccionador nacional
Pablo Dapena. ADP
photo_camera Pablo Dapena. ADP

Pablo Dapena non participará finamente no Mundial de longa distancia de Ibiza. O triatleta pontevedrés quedou excluído da lista definitiva do seleccionador nacional debido aos problemas físicos que lle obrigaron a parar hai unhas semanas.

Dapena padece unha fractura por estrés no pé dereito desde o pasado febreiro. Nun inicio, as molestias limitaron o seu desempeño durante os seus adestramentos invernais e, finalmente, a lesión obrigoulle a parar desde febreiro. 

O período de recuperación e a necesidade de realizar unha preparación de calidade para competir na proba de Ibiza, onde se levará a cabo o Mundial Multideporte deste ano entre o 29 de abril e o 7 de maio,  complicaban a súa presenza.
Os peores presaxios confirmáronse agora para Dapena.

Desta maneira, o lerezano perde o seu primeiro grande obxectivo do ano, ao que estaba enfocado, por mor dos problemas físicos.

A baixa supón unha importante merma para o combinado español, xa que o competidor do BMC e o Tríatlon Rías Baixas era unha das principais bazas, feito confirmado nun palmarés que inclúe un ouro e unha prata en mundiais de longa distancia.

Comentarios