O peche de Rías do Sur arruina o Campionato Galego do Galaico

O club rematou fóra do podio por primeira vez no século nunha competición na que gañou de forma ininterrumpida desde 2014.  
O plantel do Galaico que competiu no Campionato Galego. FACEBOOK cn GALAICO
photo_camera O plantel do Galaico que competiu no Campionato Galego. FACEBOOK CN GALAICO

O Club Natación Galaico rematou na sétima posición o Campeonato Galego absoluto de natación que se disputou a pasada fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense. 

O equipo pontevedrés rematou fóra das posicións de podio por primeira vez no século e quedou sen título na clasificación conxunta por primeira vez desde 2014. Na campionato de inverno tamén obtivera o título.

O motivo de tal clasificación son os problemas derivados do peche do Complexo Deportivo Rías do Sur. O Galaico só puido acudir con catro competidores de categoría absoluta debido, debido á falta de adestramento que padecen. A entidade traballa agora nas instalacións da Escuela Naval Militar de Marín, que lles cedeu a súa lámina de auga ás entidades deportivas da cidade a raíz da clausura do centro, pero os seus horarios de acceso son estrictos pola natureza da institución que os rexe. Dado os seus traballos e ou estudos, os nadadores que os rexen non teñen disponibilidade para poder acudir neses horarios, de maneira que a meirande parte deles levan sen adestrar desde que comezou a clausura da piscina olímpica.

Os nadadores séniores levan sen adestrar desde que se clausurou o Complexo Deportivo Rías do Sur

De feito, como explicou o director deportivo do club, Diego Pérez, a intención orixinal da entidade era a de non inscribirse no campionato absoluto e facelo só no xúnior.

Sen embargo, o club precisaba ocupar unha praza entre os 16 primeiros postos para poder garantir a súa presenza na Copa de España do próximo curso, sempre e cando se cumpran as previsións de reapertura da piscina olímpica e o retorno aos adestramentos despois do verán. De aí que presentou un bloque con catro séniores e varias bazas destacadas do equipo xúnior que lle permitiron sumar a puntuación suficiente para cubrir o seu obxectivo.

Malia as dificultades, o club sumou 12 metais entre a categoría xúnior e absoluta

Finalmente, o club logrou doce metais en total, algúns con valor dobre, como ocorreu con Alicia Bouzas, que obtivo o ouro en 400 estilos, tanto na súa categoría como na absoluta, o ouro xúnior e prata absoluta nos 100 metros costas e a mesma cor dos metais nos 200 costas, e foi subcampioa nas dúas categorías dos 200 libre.

Ademais, Antía García logrou o ouro nos 50 metros libre, a remuda do 4x200 libres formado por Antía García, Alicia Bouzas, Paula Fariña e Sofía fíxose co bronce absoluto. 

Paula Fariña conseguíu o segundo lugar nos 200 metros estilos e Cristian Fernández obtivo a única presea na categoría masculina ao ser segundo nos 1.500 metros.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios