'Vísteme despacio que tengo prisa'

O Mundioma Ence Marín Peixegalego quere engancharse á loita polo play off de ascenso cun triunfo no seu partido adiado de Liga EBA contra o Obradoiro Ames 

Stefanuto tirando a canastra durante un partido do Peixegalego desta temporada. DAVID FREIRE
photo_camera Stefanuto tirando a canastra durante un partido do Peixegalego desta temporada. DAVID FREIRE

Que a urxencia de triunfos non se manifeste en urxencia sobre a cancha. Esa paradoxa resume a realidade do Mundioma Ence Marín Peixegalego antes do partido adiado que ten este xoves contra o Obradoiro Ames. O equipo marinense recibe a partir das 19:00 horas na Raña o conxunto asociado do coloso santiagués que milita na ACB. 

Os dous bloques chegan con un balance de cinco triunfos e catro derrotas ao seu enfrontamento. No caso do Peixegalego, a cita prodúcese nunha etapa de estabilización despois dunha fase de contratempos e malos resultados ao comezo do exercicio, no momento máis complexo do calendario.

As dúas últimas vitorias, perante o Bosco Ourense e o Tartiere Gijón, servíronlle para obter certa tranquilidade aos de Javi Llorente, que aínda non poderá contar cos servizos de Kyle Kaemingk. O norteamericano aínda non estaba inscrito no momento no que o partido fora suspendido, en novembro. Naquela fin de semana da sétima xornada de liga cancelárase a actividade deportiva municipal, por causa das condicións climáticas e de condensación. Afectara a todo o concello e por suposto ao pavillón de Sequelo, onde se trasladara o duelo debido á programación de outras actividades na Raña. 

Non debutará aínda a última fichaxe marinense Kyle Kaemingk, que non estaba inscrito no momento no que se suspendera o partido

Á parte da súa última adquisición no mercado, os de Marín contarán con tódolos seus efectivos para poñer en apuros a un contrincante que sempre se amosa competitivo e que conta con talento e marxe de mellora.

A súa situación clasificatoria é moi similar á do Peixegalego. Os santiagueses, que chegan a Pontevedra despois de gañaren contra o Xiria de Carballo, alternan triunfos e vitorias e presentan os mesmos números que os marinenses, co matiz de encestaren (77 por 75 do Peixe por encontro) e encaixaren (72 por 67) algúns puntiños máis de media. Quen venza afianzarase como alternativa aos catro primeiros. Quen perda, poderase despedir, salvo xiro inesperado dos acontecementos, da pelexa polo play-off

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios