86-59. O Peixegalego non atopa oposición no Covadonga

O equipo marinense derrotou por 86-59 a un rival que aínda non conseguíu ningún triunfo no que vai de curso
Héctor Arroyo no partido do Peixegalego contra o Covadonga. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Héctor Arroyo no partido do Peixegalego contra o Covadonga. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Mundioma Marín Peixegalego gañou con moita comodidade ao Covadonga (86-59) para esquecer o derrota sufrida en Xixón a semana pasada contra o Círculo por un punto.

O bloque de Javier Llorente non atopou rival no Covadonga e desde o primeiro momento foi moi superior aos ovetenses.

O preparador leonés acabou empregando a Van Wijk de partida. O neerlandés, cunha escordadura de nocello, só aguantou seis minutos sobre a cancha.

O duelo non tivo historia dada a gran diferenza de potencial e recursos das dúas escadras. O primeiro cuarto pechouse cun 30-11 favorable aos locais que deixaba ben clara a súa superioridade.

Sen expremer as súas dúas estrelas e concedendo moitos minutos a homes menos habituais nos seus esquemas, Llorente viu como a vantaxe seguía aumentando no segundo acto, ata o 48-25.

Llorente deu minutos aos xuvenís e reservou aos seus xogadores máis determinantes

O técnico do cadro marinense aproveitou para dar moitos minutos aos tres xuvenís convocados para a ocasión: Suárez, Casal e Arroyo, autor de 13 puntos ao remate da sesión, o que máis brillou dos tres.

A tarefa ofensiva do colectivo peixe estivo repartida durante o partido, con varios xogadores por enriba dos dobres díxitos de anotación e valoración: 13 puntos e 18 de valoración para Javi Domínguez; 16 puntos e 19 de valoración para Álvaro Filgueira; 12 puntos e 14 créditos para Dramell Hogan.

Un trámite que mantén o Mundioma Peixegalego no grupo de cabeza, con catro derrotas, e o seu rival de onte sen estrear a caixa de triunfos, xa dirixido de maneira inevitable cara o descenso da categoría.

A próxima xornada, o colectivo marinense recibe o La Flecha na súa cancha, no segundo de catro partidos consecutivos que disputará diante da súa xente no Municipal da Raña.

Ficha do partido
Mundioma Marín Peixegalego: De Benito (5), Domínguez (13), Juan Castro (2), Van Wijk (9), Arroyo (13)- cinco inicial- Pablo Castro (6), Casal (5), Suárez, Filgueira (16), Hogan (12) y Monaghan (5)
Cultural Covadonga: Cuetos (15), Gómez (13), Adeba (7),  J. García (9), Iglesias (10) -cinco inicial- Villar (2), Menéndez, Pedrosa, Fernández (3) e S. García.
Árbitros: Cubero Rodríguez e Esteban Domínguez. 
Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada de Liga EBA no seu grupo AB disputado no Pavillón Municipal da Raña.

Comentarios