Piscis: ''Ruborízome cando sae o meu nome vencellado ao Pontevedra CF''

PON1911P43F2.JPG
photo_camera PON1911P43F2.JPG

Para Piscis, como para o Arosa, o domingo está marcado en vermello no calendario. O equipo arlequinado visita Pasarón. É un partido que para a afección de Vilagarcía ten un significado propio. O seu valor en puntos é o mesmo có dos demais enfrontamentos e está incluído nunha Liga de 38 semanas, pero o seu desenvolvemento xera sentimentos que ningunha outra cita do ano é quen de producir.

O seu equipo pasa polo seu especial ‘Tourmalet’ da primeira volta, con partidos ante os rivais a priori máis potentes. ¿En que momento lle chega este derbi ao Arosa?

Igual co nivel de xogo non estamos do todo contentos, pero si contentos. Pasamos por un bo momento. Non nos centramos nin en Tourmalets nin na clasificación, senón no partido a partido. Estou moi satisfeito co traballo do plantel.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios