O Poio ficha a Marta Peñalver, campioa da liga italiana

A xogadora murciana ocupa a demarcación de á-pívot e precede do fútbol sala italiano
Anuncio da fichaxe de Marta Peñalver. POIO PESCAMAR
photo_camera Anuncio da fichaxe de Marta Peñalver. POIO PESCAMAR

O Poio Pescamar comunicou onte a fichaxe de Marta Peñalver Ramón (12/07/1992, San Javier, Murcia). A xogadora murciana ocupa a demarcación de á-pívot e precede do fútbol sala italiano. Marta conseguíu tódolos títulos posibles no país transalpino, no que estivo durante varias campañas.

O pasado mes de xuño proclamouse campioa da liga italiana co Città di Falconara, equipo co que ademais logrou un histórico triplete sumando a Copa e a Supercopa, o que pon de manifesto que está habituada a afrontar grandes retos.

Formada no Roldán, único equipo no que xogou en España e co que ascendeu a Segunda e a Primeira División, permaneceu once anos no conxunto de Torre Pacheco, dos que os catro últimos foron na máxima categoría. Durante esa fase da súa carreira deportiva mesmo chegou a obter a recompensa de ser internacional absoluta coa selección española.

En 2016 emprendeu rumbo a Italia. Pasou tres temporadas no Futsal Femminile Cagliari (unha delas rematou pichichi con 42 goles), intercalando unha no Futsal Florentia. Nas dúas últimas campañas defendeu o escudo do Città di Falconara, co que vén de gañalo todo.

Marta Peñalver súmase ás contratacións de Rocío Gómez, Laura Uña, Elena Aragón, Sandra Buzón e Elena González. Ademais, a entidade renovou en pasadas datas a Luci e a Irene García.

Caridad, Lucía Paz, Jane y Luisa Mayara son as baixas que notificou o club polo de agora.

Comentarios