O Poio Pescamar busca o triunfo en Alcorcón nun partido con aroma a clásico

O conxunto poiense chega ao enfrontamento na terceira posición da táboa
Rocío nunha acción dun partido da actual temporada do Poio Pescamar. GONZALO GARCÍA
photo_camera Rocío nunha acción dun partido da actual temporada do Poio Pescamar. GONZALO GARCÍA

O Poio Pescamar busca o triunfo este sábado en Alcorcón, nun partido da sétima xornada de liga de Primeira División que desprende certo aroma a clásico. 

E é que o encontro mide dous bloques con traxectorias similares nos últimos anos: dous conxuntos que foron contemporáneos no salto de categoría a Primeira División e levan sendo rivais na Primera División durante as últimas nove temporadas.

Un só ano separa as súas vidas na máxima categoría (o Alcorcón ascendeu no 2013 e o Poio Pescamar no 2014) e sete puntos na liga actual. O bloque do Sur de Madrid recibe ao pontevedrés mergullado na zona media da clasificación, con oito puntos, resultantes de seis partidos con cadanseu par de resultados diferentes: vitoria, empate, derrota. Aviso para as visitantes, os dous triunfos madrileños foron na casa e nos últimos dous enfrontamentos como locais.

O Poio Pescamar pretende superar esa barreira para encadear o quinto triunfo na liga e afianzar a terceira posición, como primeiro perseguidor do incorruptible dúo de cabeza formado polo Futsi e o Pescados Rubén Burela.

 A escadra vermella non esmagou a ninguén, excepto ao Elx, ao que non lle perdoou as súas carencias na xornada inicial, pero vai acumulando triunfos desde que perdera no segundo partido do curso contra o Futsi Atlético. 

O enfrontamento comeza ás 19.30 horas, en territorio madrileño. 

Comentarios