Pontevedra adía ao 27 de xuño a Copa de España de Ciclismo en Estrada de Féminas

Tino Fernández constata que "xa están a traballar na definición dos trazados dos circuítos
Tino Fernández. DAVID FREIRE
photo_camera Tino Fernández. DAVID FREIRE

Ante a evolución da situación sanitaria en Pontevedra, a Concellería de Deportes Actividade Física e Saúde, a Federación Galega de Ciclismo (FGC) e a Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) decidiron adiar ao domingo 27 de xuño a celebración da Copa de España de Ciclismo en Estrada de Féminas, prevista inicialmente para o 21 de marzo. 

O tenente de alcalde, Tino Fernández, constata que o Servizo Municipal de Deportes e a FGC "xa están a traballar na definición dos trazados dos circuítos e dos horarios das distintas probas do evento, que abranguerán as categorías Cadete, Júnior, Máster e Elite/Sub 23". 

"Os datos epidemiolóxicos e o avance da vacinación fannos ter fe en que esta competición tan atractiva para deportistas e seguidores, que discorrerá polas avenidas de Marín e As Corvaceiras, atope na última fin de semana de xuño as condicións acaídas para poder desenvolverse", subliña o edil de Deportes.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios