Pontevedra alberga esta fin de semana a fase final da Liga Galega Xuvenil de Balonmán

O Cisne será o equipo anfitrión 
Un balón de balonmano entra en la portería. PIXABAY
photo_camera Un balón de balonmano entra en la portería. PIXABAY

A Federación Galega de Balonmán concedeulle ao Concello de Pontevedra a organización –co apoio do Club Cisne como equipo anfitrión– da fase final da Liga Galega Xuvenil de Balonmán.

A Concellería de Deportes destinou unha achega de case 5.000 euros ao pago do canon federativo, o desenvolvemento do servizo de control e protocolo covid-19 e a asistencia técnica necesarios para a celebración deste evento, cuxos encontros terán lugar no Pavillón Municipal dos Deportes nas tardes do sábado 1 –semifinais– e o domingo 2 de maio –final e terceiro e carto posto–.

Tal e como lembra o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "o factor 'cancha' vai ser nesta Liga Galega máis determinante que nunca para levar en 'volandas' cara a victoria ao Cisne Xuvenil ante os seus rivais, que serán o Carballal de Vigo, o Luceros de Cangas e o Xiria de Carballo".

"Pontevedra é a cidade do balonmán, polo que estamos encantados de albergar un evento deste nivel. A fórmula da fase final da Liga como final 4 e o propio deporte garanten que imos sofrer e, sobre todo, a desfrutar dun gran espectáculo", asegurou o socialista.

O vindeiro sábado enfrontarse ás 17.00 horas o Carballal e o Luceros e ás 19.00 horas o Cisne e o Xiria.

Comentarios