jueves. 22.04.2021 |
El tiempo
jueves. 22.04.2021
El tiempo

Pontevedra apraza o Campionato de España de Sprint de Tríatlon a outubro

Unha edición anterior do triatlón.DP
Unha edición anterior do triatlón.DP
Celebrarase os días 2 e 3, unha semana despois do previsto

A concellería de Deportes de Pontevedra confirma que por mor de axustes nos calendarios da Federación Española de Triatlón (Fetri) e da International Triathlon Union (ITU), a Concellería de Deportes vén de confirmar o adiamento do Campionato de España de Sprint de Tríatlon, previsto incialmente para a última fin de semana de setembro (25 e 26 de setembro), á primeira fin de semana de outubro (días 2 e 3 de outrubro).

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, agarda que "a evolución da pandemia e do ritmo de vacunacións permita celebrar en condicións de seguridade unha proba de gran importancia para Pontevedra, unha cidade que durante os últimos anos se ten convertido no 'fogar do tríatlon'".

Non obstante, as restricións que viviu a comarca de Pontevedra o ano pasado obrigaron a Federación Galega de Tríatlon (Fegatri) e a concellería de Deportes a suspender en setembro a celebración do Campionato Galego de Tríatlon na cidade, ao non poderse garantir entón as condicións necesarias para organizar a carreira. "O meu desexo é que pronto se poidan repetir as imaxes do Campionato de España de 2019, pero o mentres dure a pandemia, van primar sempre os criterios sanitarios e de saúde de deportistas, afeccionados, xuíces e demais persoas implicadas", sinala Tino Fernández.

Pontevedra apraza o Campionato de España de Sprint de Tríatlon a...
Comentarios
ç