Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

O Pontevedra perde o tren da cabeza tras empatar contra o Burgos

Un instante do partido entre o Pontevedra e o Burgos, este domingo. DAVID FREIRE
Un instante do partido entre o Pontevedra e o Burgos, este domingo. DAVID FREIRE

Os casteláns igualaron o marcador cun gol de Adrián Cruz no minuto 89

O Pontevedra Club de Fútbol empatou este domingo contra o Burgos nun partido que se resolveu de xeito negativo para os granates no minuto 89 cun gran gol do exgranate Adrián Cruz. Unha situación que lle fai perder o tren da cabeza.

Na primeira parte apenas se produciron ocasións de gol. Os dous equipos propuxeron a mesma oferta. Intentaban atacar con longas posesións na procura de espazos para sorprender ao adversario e replegábanse de forma intensiva cando o adversario gañaba metros.  Así, na primeira metade o dominio alterno e as precaucións defensivas impediron que se producisen máis aproximacións perigosas que un remate de Madrazo nunha gran xogada individual que despexou Edu, unha cabezada franca de Arruabarrena que atallou ben colocado Saizar e un disparo de Pibe que se foi levemente desviado

Na segunda metade, o equipo granate adiantouse cunha acción de estratexia rematada por Álex González. A raíz desa xogada, o equipo pontevedrés cedeulle o balón e o campo ao Burgos, incapaz de xerar fútbol e desquiciado. Os casteláns non tiveron ningunha ocasión ata que Adrián Cruz lanzou un trallazo desde 30 metros que sorprendeu a Edu Sousa e se colou pegado ao poste dereito.

O Pontevedra perde o tren da cabeza tras empatar contra o Burgos
Comentarios