Pontevedra prepárase para voar polos aires este sábado coa V edición de Saltar na Rúa

A cidade congrerará aos mellores saltadores galegos nunha exhibición que terá probas de salto de lonxitude, triple salto e salto con pértiga
Presentación do programa no Concello. CEDIDA
photo_camera Presentación do programa no Concello. CEDIDA

Os mellores saltadores galegos do momento xa están preparados para voar polos aires na espectacular exhibición que ofrecerá un ano máis na nosa cidade o programa Saltar na Rúa, organizado pola Sociedade Ximnástica de Pontevedra en colaboración coa Concellería de Deportes.

O evento, que este verán celebra xa a súa V edición e que inicialmente acollía a Praza da Ferrería, volverá desenvolverse o vindeiro sábado 28 de agosto a partir das 19:30 horas, coa finalidade de evitar posibles aglomeracións, nun escenario tan privilexiado como pouco habitual para a práctica deportiva: a Ponte do Burgo, que albergará por segundo ano consecutivo probas de salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega.

Comentarios