O triunfo do Pontevedra contra o Sporting B por 21, no minuto 96, con remontada, suspense, emoción, refachos de bo xogo, Pasarón entregado, unha calor abafante e unha celebración gloriosa converteuse, por enriba de todo, nunha égloga á xustiza poética. Porque, con marcador favorable e acurralado por fases polo rival, a calor e a presión ambiental, o Sporting B renunciou a atacar e mesmo a xogar.
Acabou convertendo na perda de tempo a súa meirande virtude. Pero esa perversión dos valores que alguén lle presupuxo en etapa pretérita ao deporte, levouno ao cadaleito
►Disfrute da crónica completa coa edición en papel de Diario de Pontevedra este luns ◄
FICHA TÉCNICA:
2.- Pontevedra: Edu Sousa, Nacho López, Santi F., min. 31, Víctor Vázquez, Pol Bueso, Naveira, Pedro V., min. 56, Álex Fernández, Berrocal, Álvaro Bustos, Romay, Adighibe, min. 60, Álex González, Javi Pazos.
1.- Sporting B: Javi Benítez, Enol Coto, Villalón, Pelayo, Suárez, Espeso, Jose Gragera, Aizpiri, Garci, Gaspar C., min. 80, Morilla, César García, Javi Cobo, min. 71, Bertín, I. Elena, min. 56.
Goles: 0-1. Minuto 36. Bertín; 1-1. Minuto 80. Pedro Vázquez; 2-1. Minuto 96. Álex Fernández.
Árbitro: Vicente Moral. Amonestó con cartulina amarilla a Nacho López, Álex Fernández, Javi Pazos y Adighibe y expulsó con roja directa a Campillo (minuto 97), por parte del Pontevedra, y a Espeso y Bertín por parte del Sporting B.
Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada de Liga do grupo I de Segunda División B disputado no campo de Pasarón ante uns 2.000 afeccionados.