O Pontevedra achégase aos postos de promoción cunha gran vitoria

O equipo granate iguala en puntos ao cuarto clasificado, o Sanse

Javi Pazos celebrando el segundo gol del club granate. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Javi Pazos celebrando el segundo gol del club granate. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Pontevedra CF derrotou por ao Unión Adarve este domingo (3-1) e achégase á zona de fase de ascenso.

O equipo granate dominou o partido desde os primeiros minutos, nos que dispuxo de varias ocasións moi claras para inaugurar o marcador. Algo que fixo Kevin mediada a primeira metade cun lanzamento desde a frontal tras servizo de Javi López


Despois de que Souza sacase baixo paos un disparo de Romay, Javi Pazos anotou o 2-0 nunha gran cabalgada cunha mellor finalización. 
 


Na segunda metade o Unión Adarve saíu con forza e dispuxo de dúas ocasións claras para recortar distancias, como finalmente fixo no minuto 69 grazas a un erro nunha mala cesión de cabeza de Adrián León cara Edu. Álvaro Sánchez aproveitouse do fallo para recoller o esférico, canear a Edu, e poñer a emoción no partido. 

O cadro granate meteuse nese momento nunha dinámica de nervios que acabou resolvendo Pibe a falta de cinco minutos para o final cun magnífico remate.
 


CLASIFICACIÓN. Tras esta xornada o Pontevedra sitúase na sexta posición con 26 puntos, igual que os que ten o Sanse, que pecha co seu cuarto puesto a fase de promoción de ascenso.

Entre os dous, tamén con 26 puntos, atópase agora a Cultural Leonesa, mentres que o Real Madrid Castela (terceiro con 29 puntos), Fuenlabrada (segundo tamén con 29) e a Ponferradina (líder con 32) copan os treis primeiros postos.
 

FICHA TÉCNICA
3 - Pontevedra CF: Edu Sousa, Campillo, David Castro, Churre, Adrián León, Kevin, Javi López, Berrocal, Javi Pazos, Pedro Vázquez e Romay.
1 - Unión Adarve: Parra, Mario, Olmedo, Juanma, Darío, Portilla, Álvaro Sánchez, Miñambres, Souza, Miguel y Gianni.
Goles: 1-0. Kevin (min. 21); 2-0. Javi Pazos (min. 43); 2-1. Álvaro (min. 69); 3-1. Pibe (min. 86).
Árbitro: Fernando Román Román, do colexio castelán-leonés. Auxiliado nas bandas polos asistentes Diego Ibáñez Saiz e Elena Peláez Arnillas.
Incidencias: Partido correspondente á xornada número 16 do Grupo I de Segunda División B, disputado no Estadio Municipal de Pasarón.

Comentarios