Pontevedra vibra cunha nova edición dos Saltar na Rúa

SALTAR NA RUA
photo_camera SALTAR NA RUA
Pontevedra viviu onte unha nova edición, a quinta, da exhibición atlética Saltar na Rúa. Ducias de persoas amoreáronse na Ponte do Burgo para contemplar un atractivo espectáculo que achega o atletismo á cidadanía. O foso de saltos trasladouse a unha das pontes máis emblemáticas da cidade para levar a cabo os concursos de lonxitude, triplo salto e salto con pértega. Un total de 24 atletas, algúns dos principais representantes da Sociedad Gimnástica Pontevedra, club organizador, tomaron parte nunha proba consolidada no calendario atlético da cidade e que destaca pola orixinalidade de ubicar o carreiro de salto, a area, o listón e a colchoneta nalgúns dos lugares máis carismáticos da cidade.

Comentarios