3-0. Festival do Pontevedra ante o Castilla

Dous goles de Arruabarrena (minutos 29 e 72) e un de Javi Pazos (93) fan xustiza en Pasarón nun encontro dominado de principio a fin polo equipo granate 

Los jugadores del Pontevedra celebran la victoria. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Los jugadores del Pontevedra celebran la victoria. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Pontevedra Club de Fútbol derrotou con claridade ao Real Madrid Castilla nun partido que controlou de principio a fin (3-0).

O presión do equipo granate permitiulle acorralar ao seu rival, que non lle fixo ocasións de perigo a Edu en todo o encontro.

Despois dun primeiro man a man que Zidane lle salvou ante Javi Pazos, o Pontevedra adiantouse cun gol de Arruabarrena tras un novo man a man salvado por Zidane ante Javi Pazos.

Na segunda parte o Pontevedra mantivo o ritmo, seguiu gañando tódalas accións divididas e as disputas, o que lle permitía multiplicar as súas ocasións de gol.

O 2-0 non chegou ata o minuto 72, nun gran centro de Álex González que cabeceou no segundo pao Arruabarrena a gol.

No treito final do duelo, xa no desconto, Javi Pazos remachou o claro triunfo pontevedrés.

Comentarios