viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Portela e Kevin, baixas contra a Ponferradina

Kevin Presa gana un balón aéreo no encontro ante o Tudelano
Kevin Presa gana un balón aéreo no encontro ante o Tudelano
Mario Barco podería reaparecer no decisivo encontro do domingo ►Iker Alegre deberá esperar

A remonta do Pontevedra contra o Tudelano cobroulle a súa peaxe ao equipo granate.

Dani Portela marchou do partido mancado con molestias nun xeonllo. Os servizos médicos do Pontevedra realizáronlle unha resonancia na xornada do luns para determinar o alcance da lesión. O central padece un pinzamento cunha pequena rotura no corno anterior do menisco.

O xogador perderá con absoluta seguridade o partido do próximo domingo (18.00 horas), no que o cadro pontevedrés se enfrontará á Sociedad Deportiva Ponferradina. A evolución semanal do futbolista determinará o plan da súa recuperación e permitirá definir se poderá xogar ou non en seguintes partidos.

Non será a única ausencia no equipo titular de Luisito. O teense non poderá contar co concurso de Kevin Presa, que deberá cumprir un partido de suspensión debido a que viu a quinta amoestación do seu segundo ciclo sancionador.

Tampouco estará dispoñible, aínda, Iker Alegre, que espera poder ter a alta médica nun curto período de tempo para poder volver aos terreos de xogo.

A incógnita de cara ao envite dominical será Mario Barco, que podería regresar tras dúas semanas ausente por lesión.

Luisito recuperará aos sancionados contra o Tudelano Javier Bonilla e Miguel Loureiro.

Portela e Kevin, baixas contra a Ponferradina
Comentarios