O Ribadumia sae do descenso no grupo da permanencia

É o segundo mellor conxunto da segunda fase, con tres victorias en catro partidos
Cheri ante Coke no partido da segunda volta entre o Estradense e o Ribadumia. RAFA FARIÑA
photo_camera Cheri ante Coke no partido da segunda volta entre o Estradense e o Ribadumia. RAFA FARIÑA

O Ribadumia é o segundo mellor equipo da segunda fase do grupo pola permanencia. O equipo de Luis Carro alcanzou os 35 puntos despois de gañar o seu encontro aprazado contra o Estudiantil Vista Alegre antes de onte e alcanza os 35 puntos, que lle serven para saír dos postos de descenso.

A escadra de Luis Carro leva tres triunfos en catro enfontamentos, para un total de nove puntos que lle permiten manter intactas as súas opcións de conservar a categoría.

O bloque amarelo e negro só é superado nesta fase polo Fisterra, o mellor once do Norte na segunda metade, con dez puntos que lle fan seguir vivo na pelexa pola salvación.

Os cinco primeiros están separados por dous puntos: sálvanse catro. O Ourense CF (37) ten unha leve diferenza de dous puntos con respecto ao Arzúa, o Viveiro, o Ribadumia e o Barco (35). Como mínimo un deles perderá a categoría.

Comentarios