Saleta volve ás orixes

A pontevedresa remata terceira no Patagonman, unha espectacular e absolutamente orixinal proba de ironman disputada na Patagonia chilena que lle permitiu sentirse como se competise por primeira vez
Saleta durante unha das fases do espectacular treito a pé. FACEBOOK
photo_camera Saleta durante unha das fases do espectacular treito a pé. FACEBOOK

"Sabía que iba a ser muy bonita y muy dura, pero superó todas mis expectativas": a Patagonman converteuse no último reto superado pola pontevedresa Saleta Castro, triatleta e especialista en probas de aventura e gran fondo e que viviu unha experiencia única na Patagonia chilena, nunha das competicións máis fermosas que pode afrontar un deportista hoxe en día. "Fue la carrera más espectácular, brutal y extrema que he hecho en mi vida. Lo reúne todo".

Castro rematou no terceiro lugar a categoría feminina e foi a décima competidora en chegar á liña de meta de tódolos participantes.

O comezo da Patagonman define á perfección o seu misticismo: os participantes soben de un en un ás catro da madrugada a un ferry que os traslada lonxe da costa, no medio do fiordo de Aysén, que bebe das augas do Pacífico. "No ves absolutamente nada. Estás en el barco con la organización, los marineros y los 250 deportistas. En las caras se ve miedo, ansia y nervios. Se crea una atmósfera muy positiva que no se ve en otras carreras, ya que durante los días anteriores convives con todos y los acabas conociendo".

Malia que se disputa ao remate da primavera austral, as meridionais latitudes nas que se celebra provoca que a temperatura da auga sexa moi baixa.

Ademais, "el tiempo no acompañó. Había rachas de viento fuertes y llovía muchísimo cuando embarcamos. El agua estaba revuelta con mucha corriente". De tal maneira, a organización reduciu o percorrido da natación para o mellor control dos deportistas no medio da escuridade na que transcurre o primeiro treito.

Desta volta, os nadadores surcaron as augas a once graos sobre 1.500 metros (en lugar dos 1.800 estipulados). Os deportistas teñen a orientación da luz do punto da costa e das boias luminosas dos que os anteceden. "Sabía que iba en el grupo de cabeza porque no veía mucha gente delante de mí. Cuando salí de la T1 vi a la ganadora del año pasado (Flora Colledge) y la segunda de ésta edición, (Maggie Rusch)".

A transición estaba en Puerto Chacabuco. Alí estaba instalada a T1, coas monturas que os deportistas debían tomar para principiar os 180 quilómetros de traxecto en bicicleta. No cambio, Castro non viu "apenas vehículos de la organización, por lo que supuse que estaba en puestos muy cabeceros. Me superaron tres chicos en los primeiros kilómetros de bicicleta. En el kilómetro 17 me adelantó la ganadora, Caroline Livesey, que era la favorita y en el 40 me superó Flora Colledge". Con ela comezou un intercambio de posicións ata ben entrado o treito a pé.

Castro seguíu facendo a súa carreira e gañou unha posición sobre a vencedora do curso anterior no quilómetro 70 da bicicleta, ao mesmo tempo que gozaba das paisaxes. A chuvia parou e apareceu o sol, pero o vento seguía a complicar a existencia dos ciclistas. "Tuvimos aire en contra y lateral en los últimos kilómetros. Un viento helado, que después de mojarte con la lluvia hizo muy dura la bici".

O desnivel de máis de 2.500 metros durante o traxecto sobre dúas rodas define a esixencia da rota, que pon a proba a potencia dos rodadores, co tempo como inimigo. Castro gozou dunhas paisaxes de montañas, vales e unha natureza salvaxe que encandilaou aos participantes.

"No pensé que fuese tan bonito". Neses quilómetros finais sobre rodas sufriu un pinchazo nunha das pistas de terra polas que tamén pasa o treito en bici e tivo que cambiar de roda coa axuda da súa supporter, a persoa que lle asigna a organización a aqueles deportistas que viaxan sós para que lles faga de guía e asistencia. O incidente fíxolle ceder uns catro minutos e perder a terceira praza outra vez.

"Me bajé con buenas sensaciones. Hacer la transición sin dolor es muy buen síntoma de que has hecho bien las cosas en la bicicleta". Tivo que volver adiantar a Flora Colledge por última vez, despois dunha transición máis rápida da inglesa. A partir de aí, camiños de terra, raíces e rochas, "puro trail", como explicou a propia Castro.

No final do camiño atopábase Villa Cerro Castillo, unha espectacular localidade enclavada á beira do río Ibáñez. As paisaxes incrementan a súa beleza á vez que a fortaleza dos deportistas se ía erosionando, baixando a llaneando en paralelo ao río, con estampas espectaculares de montañas, fervenzas, lagoas, unha natureza virxe que alimenta a motivación para seguir durante os 42 quilómetros a pé que deben realizar ata a chegada. "Atravesamos ríos con el agua casi hasta la cintura", aclara a lerezana.

Nos últimos quilómetros o vento era favorable, a temperatura subira ata os 28 graos e o percorrido era menos rugoso. Pero o desgaste estaba no corpo. "Los últimos 4 km se me hicieron muy largos. Era una recta interminable. Quería llegar, pero al mismo tiempo tenía la sensación de que aquello se acababa".

Unha campá na liña de chegada e un corredor de persoas da localidade de Puerto Ibáñez arredor dela, espoleando aos deportistas, puxo o punto e final da carreira.

"Me recordó a mis inicios. Fue como hacer algo por primera vez. Y después de 21 años en el triatlón, es algo muy grande. El año que viene espero volver".

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios