Carlos Porto e Isabel Caeiro foron os máis rápidos na San Silvestre máis desexada

Máis de 2.000 persoas despediron 2021 coa clásica carreira, disputada na Xunqueira de Alba cun formato anti-covid19
Participantes na San Silvestre. GONZALO GARCÍA
photo_camera Participantes na San Silvestre. GONZALO GARCÍA

Máis de dous milleiros de persoas despediron o ano correndo na Xunqueira de Alba na XXXVIII San Silvestre de Pontevedra, carreira que axudada polo inxenio da organización puxo remate ao ano 2021 dando pasos cara á normalidade. Non foi a desexada saída masiva, nin se produciu no seu escenario habitual, tampouco coa estrutura habitual de participación. A carreira estivo plagada de novidades na procura da seguridade cidadá. E por iso, non só estivo lonxe das cifras de récord ás que tiña habituada á afección ao atletismo, senón que tamén estivo afastada do centro urbano de Pontevedra.

Secomasí, amosou o grande avance que a imaxinación pode exercer para evitar os obstáculos dunha pandemia. En diferentes quendas de saída, centos de persoas decidiron despedir o curso percorrendo o circuito de preto de tres kilómetros de lonxitude que rodeaba as marismas de Alba. Unha xornada acompañada por unhas condicións meteorolóxicas inauditas para a época do ano (picos de máis de 20 graos de temperatura na xornada vespertina) axudaron a que os atletas puidesen gozar da actividade e da compaña neste clásico do atletismo asentado no calendario galego como unha referencia.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida de Diario de Pontevedra (@diariodepontevedra)

Ás dez e media da mañá regresaba a proba co primeiro grupo de 150 corredores (a carreira realizouse en varias quendas de saída separadas no tempo por 20 minutos). As saídas da media mañá contaron sempre con cifras superiores aos cen participantes, e só as últimas series contaron con menos participación, por cuestións de conveniencia horaria.

O tradicional horario vespertino estivo completo desde a primeira ata a última quenda. A tradición foi respectada por decenas de persoas que gastaron as últimas pingas de suor nos carreiros de terra do contorno de Alba. Só se botou en falta ao público. Xa haberá tempo no futuro para que retorne. O 31 foi día para conformarse coa propia actuación atlética.

DISFRACES. Como sempre ocorre na carreira, houbo momentos para todo tipo de atuendos e presentacións, con abundantes motivos navideños. Os gorros de Papa Noel tiveron unha notable presenza, non só en cores vermellas, senón tamén noutras tonalidades. Os renos do San Nicolás tamén apareceron en escena. Pero non tódalas indumentarias tiveron como obxectivo as festas nadalicias.

Como ocorre nestes casos, sempre hai quen anticipa o Entroido para dar espectáculo na carreira. Os agraciados co premio ao mellor disfrace da proba foi para un curioso motivo relixioso "Belén en Erte". O nome e a cruz ao lombo dun dos atletas que formaban parte do coro de atletas que o representaron ben vale un lacón de Froiz e un roscón de A Devesa.

A proba tamén tivo un corredor e corradora máis rápidos. Gañar, gañaron tódolos que se vestiron de curto -ou longo- para rematar á carreira nas últimas horas do 2021. O máis rápido desta volta foi o corredor da Sociedad Gimnástica Carlos Porto. O vigués rematou en algo máis de 8 minutos os algo menos de tres kilómetros, poñendo de manifesto o seu magnífico estado de forma da campaña de inverno. Rematou por diante do triatleta internacional Antonio Serrat. Na categoría feminina, a máis veloz foi Isabel Caeiro.

Comentarios