A Marea Granate viaxa a Sevilla para apoiar ó Pontevedra

Os afeccionados do Pontevedra aproxímanse xa ás 250 peticións de entradas para o partido de ida do play-off contra o Betis Deportivo ► Os seareiros pontevedreses teñen unha longa tradición de desprazamentos para animar o equipo fóra da casa no século XXI
undefined
photo_camera Marea do Pontevedra festexando en Vitoria no ano 2010. XAN XIADAS/ GONZALO GARCÍA

O Pontevedra non estará só no partido de ida da final polo ascenso que o medirá o próximo domingo ás 17:00 horas ao Betis Deportivo.

Preto de 250 persoas inscribiron xa o seu nome no listado habilitado polo club granate para reservar entrada para o encontro no Benito Villamarín.

Ademais das prazas de autocar fletado polo club granate coa fin de permitir aos seus fieis desprazárense a Sevilla, foron máis dun cento os seguidores que anotaron o seu nome para viaxaren en vehículos privados.

Entre os hinchas que se atopan en Madrid e que forman parte da agrupación Territorio Granate, moi fieis cando se trata de viaxar para animar ao equipo, os que se achan puntual ou permanentemente no Sur da Península e os que teñen vontade de mobilizarse desde a propia capital do Lérez, o Pontevedra poderá contar cun respaldo nas bancadas que podería superar as cifras predispostas polo Real Betis.

                      Arriba, as mareas granates do Couto en 2003 e o Tartiere en 2010. Abaixo, as de Miranda de Ebro en 2004 e Vitoria en 2010.
Marea granate en O Couto en 2003.  XAN XIADAS/ GONZALO GARCÍA

O club branco e verde ofreceu, en inicio, 250 prazas á entidade granate. A intención é ubicar no mesmo emprazamento do campo a todos os expedicionarios pontevedreses, coa fin de facilitar o dispositivo de control e seguridade no escenario do duelo.

O movemento do Pontevedra é histórico 

A xa coñecida como Marea Granate é un movemento que está vencellado ao Pontevedra do século XXI. Nos grandes momentos do conxunto pontevedrés do novo milenio, sempre se reuniron unha notable cantidade de seareiros pontevedreses lonxe da casa para empurrar o colectivo.

Non sempre se tratou dun movemento unido á promocións polo ascenso, senón tamén á disputas pola permanencia, como as do Couto de 2001 ou do Cerro del Espino en 2018.

                      Arriba, as mareas granates do Couto en 2003 e o Tartiere en 2010. Abaixo, as de Miranda de Ebro en 2004 e Vitoria en 2010.
Tartiere en 2010.  XAN XIADAS/ GONZALO GARCÍA

Así e todo, o primeiro gran desprazamento masivo da época moderna nun partido do Pontevedra produciuse en maio de 2003, novamento ao campo do Couto. Arredor de 2.500 afeccionados estiveron á beira do Miño na penúltima xornada de liga da Segunda División B, na que os pontevedreses debían superar o Ourense para disputaren a promoción. Con suspense, fixérono.

Ao curso seguinte, durante a liga de ascenso da categoría de bronce á de Prata, os seareiros lerezanos acumularon quilómetros para animar o equipo de Aurelio Gay.

Arredor de 600 afeccionados atravesaron a meseta en autocar (daquela, como moitas veces, costeados por Ricardo Tilve coa colaboración de Conservas Pescamar) e algúns máis en coche para presenciar unha das vitorias máis importantes do século.

                      Arriba, as mareas granates do Couto en 2003 e o Tartiere en 2010. Abaixo, as de Miranda de Ebro en 2004 e Vitoria en 2010.
Marea de Miranda de Ebro en 2013.  XAN XIADAS/ GONZALO GARCÍA

Uns 400 fieis repetiron experiencia en Lorca unha semana despois, á procura do ascenso, que debería esperar unha semana máis para producirse no campo municipal de Pasarón.

Xa en Segunda División leváronse a cabo desprazamentos moi numerosos dos afeccionados pontevedreses, principalmente a estadios de cidades relativamente próximas, como Xixón, Vigo, ou, sobre todo, Ferrol, onde novamente máis de 2.000 fieis pontevedreses deron folgos ao PCF no treito final do curso, na súa batalla pola permanencia.

Comentarios