Cinco soños teucristas, a ilusión azulona

Raúl Pérez, Álex Gómez, Jacobo Río, Pedro Sánchez e Iago Senra, canteiráns debutantes
Os cinco canteiráns debutantes no primeiro equipo do Teucro desta temporada. DAVID FREIRE
photo_camera Os cinco canteiráns debutantes no primeiro equipo do Teucro desta temporada.

O Teucro volve apostar pola base. O equipo azul quere involucrar a xogadores formados nas categorías inferiores do club para incrementar o sentimento de pertenza a abaratar custos de plantel.

Milucho e Irene Vilaboa apostaron por media ducia de rapaces que ata o ano pasado estaban no filial ou xuvenil teucrista.

O porteiro Raúl Pérez fora fichado do Octavio para o filial de Primeira Nacional na pasada campaña. Gómez debutou parando unha pena máxima no seu primeiro encontro de Prata. "En el momento no sentí nada, pero después lo pensé y me dije "acabas de parar un siete metros en plata. Es increíble", sostén este rapaz de 24 anos que goza do balonmán en Pontevedra.

"Mi objetivo era tener la oportunidad de llegar al primer equipo. Fiché con el Teucro porque sabía que es un club que te podía ofrecer la posibilidad de llegar lo más arriba posible. Es un orgullo para mí poder estar con el equipo en Plata", asegura el arquero, encantado de trabajar al lado de dos porteros de la talla de Wermbter y Manojlovic. "Son buenos compañeros, muy buenos porteros. Tener minutos es complicado con ellos al lado, pero esté quien esté bajo palos, nos apoyamos. Aprendo mucho de ambos".

O coruñés Jacobo Río chegou ao conxunto xuvenil do Teucro hai tres anos, cando tiña 17. Desde entón non fixo máis que progresar. En pretemporada os técnicos do club "hablaron conmigo y me dijeron que me veían con mucha proyección y querían que empezase a entrar ya con el primer equipo para que diese minutos de refresco a los jugadores más asentados".

O balonmán é parte da súa vida, é o seu hobby. Esa percepción variou un chisco agora. En dous anos, o salto de calidade foi abismal, desde Segunda Autonómica. Ás ordes de Milucho nas leccións de tecnificación e de Irene Vilaboa nas sesións, intenta correxir defectos e potenciar virtudes: "el lanzamiento es mi principal arma, pero tengo que aprender a tomar mejores decisiones".

Desde o berce. Álex Gómez é teucrista "de toda a vida", lembra. "Tiven bastante en mente estar no equipo. A miña ilusión de sempre foi xogar no primeiro equipo do Teucro", sostén este competitivo xogador. «No club dinnos que formar xogadores para o club e que puidesemos debutar é un orgullo para nós e para o Teucro".

No día do debut, Irene Vilaboa pediulle «que fose atrevido, que non tivese medo e que non dubidase", lembra con satisfacción. .

Pedro Sánchez tamén leva respirando a cor azul desde neno e chegado o momento de debutar a satisfacción é inenarrable. O equipo técnico e os veteráns do conxunto reconmedáronlle "que los pasáramos bien en la cancha, que jugásemos sin presión, que nos divirtamos".

"Es algo que te hace mucha ilusión después de tantos anos acudiendo a ver al equipo al pabellón", explicou Sánchez, para quen o momento da vitoria está preto. "Este sábado, esperemos".

O veterán de todos os canteiráns teucristas é Iago Rodríguez Senra, que aos 29 anos de toda unha vida na canteira teucrista, cun parón en sénior para militar no Artai e no Rasoeiro, tivo un debut serodio. "Es como un pequeño sueño cumplido. No es Asobal, está claro, pero me sentí como si fuese un juvenil, con los mismos nervios de un chaval de 18 años".

Iago é moi humilde na súa análise. "Mi nivel claramente no está para esta categoría. Pero se me dio la oportunidad y no la rechacé. Si me lo piden, claramente que voy y voy para dar lo máximo".

Comentarios