Supercampión Portonovo

O equipo arlequinado derrotou o Sofán nun partido vibrante para impoñerse na final da Supercopa Galicia. Os veteráns Hugo Soto e Dani Abalo foron os autores dos goles
O Portonovo celebrando o triunfo co trofeo de campión. FUTGAL
photo_camera O Portonovo celebrando o triunfo co trofeo de campión. FUTGAL

A SD Portonovo proclamouse como primeiro supercampión galego despois de superar o Sofán na final por 3-2 no estadio de Balaídos.

O conxunto arlequinado impúxose mercede a un testarazo de Dani Abalo a falta de un cuarto de hora para o remate dun partido intenso e vibrante.

Hugo Soto foi o principal protagonista da primeira metade do enfrontamento.O veterán dianteiro vilgarcián do conxunto branco e azul puxo por diante á súa escadra mediada a primeira metade do envite. Unha falta nos confíns da área rival foi enviada ao fondo da rede polo goleador para estrear o marcador.

Pero o Sofán sempre se mantivo dentro do partido e reaccionou con xogo e con gol ao primeiro golpe asestado polo bloque de Baltar. Un centro foi empurrado por Javi Souto no segundo pao para devolver o equilibrio ao electrónico.

O envite estaba mergullado nunha fase de frenesí que anticipaba máis chegadas ás áreas e goles. Así foi que a poucos minutos para a finalización da primeira metade, un balón dividido caeu aos pés de Hugo Soto dentro de área. Oportunista e efectivo a partes iguais, o nove arlequinado devolveu a vantaxe para a escadra preparada por David Eirín. Esmorecía a primeira metade, que parecía destinada a rematar con vantaxe para o Portonovo, cando Fita conseguíu poñer novamente a igualada no electrónico.

Foi Hugo Soto, a un cuarto de hora para a conclusión do envite, o que fixo o tanto definitivo. Un saque desde o curruncho finalizado coa testa polo ex xogador do Celta serviu para darlle o título ao Portonovo.

Ficha técnica
3.- SD Portonovo: Conde; Renda, Hugo Soto, Charly (Lucas García, min. 46), Felipe (Varo, min. 88), Marcos, Dieguito (Lucas Aguín, min. 72), Eloy (Pichi, min. 65), Migui, Dani Abalo (Pabli, min. 88) e Santi.

2.- SD Sofán: Brais (Gardu, min. 46); Iván, Noé, Becerra, Braian, Fita (Luca, min. 69), Fabián (Taibo, min. 88), Bandera (Dani Pena, min. 88), Currás (Montero, min. 79), Martín e Javi Souto.

Goles: 1-0. Minuto 22. Hugo Soto; 1-1. Minuto 29. Javi Souto; 2-1. Minuto 39. Hugo Soto; 2-2. Minuto 45. Fita; 3-2. Minuto 78. Dani Abalo.

Árbitro: Carlos Martínez Fernández. Cartón amarelo a Martín, Marcos, Iván e Eloy. Expulsou ao adestrador da SD Sofán, Pablo Torreira, ao final do partido.

Incidencias: Final da primeira edición da Supercopa Galicia Centenario Real Club Celta disputada no Estadio Municipal de Balaídos.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios