Surfeando para derrotar a esclerose

Cando Fede Roldán un dos pioneiros do surf galego caeu enfermo de esclerose múltiple atopou en Yago Chamorro un dos seus mellores puntos de apoio para seguir adiante e combater a enfermidade montado sobre a súa prancha 

Yago Chamorro e Fede Roldán.
photo_camera Yago Chamorro e Fede Roldán. DP

"Practicar surf é algo que lle recomendo a todo o mundo. Non precisas ondas de 15 metros, nin ser un campión de España. Con meterte na auga coa táboa xa é suficiente para pasárelo ben", sostén Federico Roldán Pimentel, un dos pioneiros do surf de Galicia, un referente da modalidade que aos seus 52 anos combate día a día, co mellor sorriso que pode, a esclerose múltiple.

A enfermidade non é a única compañeira de viaxe para el. Á súa beira está outro dos nomes esenciais do surf pontevedrés, Yago Chamorro, e unha cuadrilla de amantes da modalidade que non o deixan só. 

Chamorro e Fede son amigos desde que o primeiro tiña 14 anos (hoxe 50) e o segundo 16 (52). Fede (fundador do primeiro club de Galicia e da primeira escola de surf, na Lanzada), é un auténtico mito da modalidade máis alá de Pontevedra e das Rías Baixas, pero sobre todo en Pontevedra e nas Rías Baixas. Atravesou o mundo para probar ondas de varios metros de altura. Mesmo chegou a Australia para internacionalizar a súa paixón. "E non fun a Hawai porque non tiña diñeiro".

"Cuando no había accesos ni comunicaciones, él ya había visitado las playas más míticas de Galicia, hace 30 y pico años"

"Con él conocimos un montón de lugares icónicos de Galicia. Cuando no había accesos, ni comunicaciones, él ya había visitado las playas más míticas, hace 30 y pico años", explica Yago, que hoxe é director da escola Riders Surf School

"Surfeaba increíble en la plancha", lembra Chamorro, para o que Fede foi como un irmán maior, deses que lle ensinou o camiño cara unha parte esencial do seu modo de vida, da súa paixón, a danza no mar. "Él nos metió el gusanillo en el cuerpo". 

A súa amizade mantense intocable desde entón ata hoxe. Así é que Chamorro nunca deixou de lado ao seu colega, algo máis que un simple impulsor do surf para el. "Es mi amigo y una persona fundamental en mi vida y en la de la gente que surfeamos", asevera con firmeza. Por iso non lle custa estar á súa beira, ser o seu cadi nas competicións de surf adaptado nas que toma parte, que lle dan a vida, e estar aí para o que poida precisar no día a día.

Cando lle diagnosticaron esclerose múltiple foi un pao para todos. "Fue un bajón y tras el diagnóstico fueron unos años muy duros", explica o director da Ridders Surf School. Especialmente foi duro para o propio paciente.

"Fiquei moi tocado despois de que mo confirmasen. No momento púxenme no peor". Ademais do golpe moral e da sensación do avance da enfermidade, a súa vida viuse afectada a nivel profesional e persoal. Tivo que abandonar a escola de surf que rexía, xa que foi perdendo paseniñamente alumnos, ata que tivo que pechar. A iso houbo que agregar que pasou moito tempo sen traballar. "Non é doado atopar emprego para unha persoa na miña situación e da miña idade", manifesta.

"Fiquei moi tocado despois de que mo confirmasen. No momento púxenme no peor"

A esclerose afectoulle a diferentes habilidades e capacidades, perdeu forza, equilibrio e empeorou a súa fala, hoxe moi recuperada. "Había persoas que chegaron a crer que estaba bébedo", apunta. 

Para entón, Yago Chamorro xa se decatara máis que nunca do que significa ser un punto de apoio. "Parte do segundo posto do Campionato Nacional de parasurf foi grazas a el. Levámonos moi ben, desde hai moitísimos anos. Temos unha relación moi especial", asegura Roldán.

E é que o seu compañeiro se preocupa polo seu día a día, pola súa saúde, pola súa actividade física, o seu estado de forma (Fede fai yoga e de cando en cando acode ao ximnasio), a súa alimentación, o seu benestar físico e mental. Agora tócalle a el ser o irmán maior e amosarlle o camiño.

"Cuando vamos de viaje a Portugal, se viene con nosotros". E cando encaixan as súas axendas, van á praia xuntos, a gozar desa impagable sensación de camiñaren descalzos pola area, probaren a fría auga salgada e cabalgaren as ondas sobre a prancha. "O deporte faime moi ben, manténme activo. É moi importante. Ponche a cabeza no teu sitio cando tes unha enfermidade como esta. E o surf é fundamental para min. Non podo facer o que facía antes, porque non me podo poñer de pé, pero pásoo moi ben". Iso é o esencial, o pracer e a ledicia que reporta, malia que o que antes eran ondas de máis de tres metros agora sexan de un metro ou un metro e medio.

"Es un tío increíble, es muy buena persona. Se le quiere"

"Para nosotros es increíble y encima vemos que para él, también", lembra Yago, transparentando un eco de satisfacción de poder compartir esos momentos co seu amigo. "En la vida hay que ser persona y ayudar a los demás. Es algo que va con cada uno. Yo siempre me preocupo por la gente, por mis alumnos. Sé que para los buenos momentos está todo el mundo, pero para los malos a veces es complicado", sinala.

Pero é que Fede fai máis doado estar ás boas e ás malas, porque "es un tío increíble, es muy buena persona. Se le quiere".

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios