domingo. 13.06.2021 |
El tiempo
domingo. 13.06.2021
El tiempo

As sete temporadas de Feáns

undefined
Roberto Feáns xunto a Lupe Murillo o pasado mes de abril nas instalacións da Xunqueira. DAVID FREIRE
O exdirector deportivo do Pontevedra foi o home de confianza de Lupe Murillo na parcela técnica desde a chegada da presidenta en 2014. Tivo baixo as súas ordes a seis adestradores diferentes do primeiro equipo e sempre apostou pola continuidade do corpo técnico

Nunca un director deportivo (no sentido moderno do termo) do Pontevedra Club de Fútbol permanecera tanto no cargo como Roberto Feáns. O aínda conselleiro do club pontevedrés dimitiu o pasado mes de febreiro e puxo fin desa maneira a seis temporadas e media como principal responsable da parcela deportivo do club granate.

A súa chegada produciuse como membro do consello de administración no nomeamento de novos membros da asemblea do curso 2013, celebrada no inverno de 2014, a proposta de Ricardo Tilve, meses antes do troco na presidencia de José Manuel Fernández a Lupe Murillo.

No verán de 2014, a máxima dirixente outorgoulle a responsabilidade de confeccionar o primeiro plantel. Desde entón, encargouse de realizar os planteis profesionais e de xestionar os recursos das categorías base, entre outras tarefas vencelladas á area deportiva.

Baixo a súa dirección deportiva, o Pontevedra fichou a 87 futbolistas para o primeiro equipo, máis de 12 por temporada

Nesas sete temporadas, Feáns traballou con seis adestradores diferentes no banco do primeiro equipo do Pontevedra: Manu Fernández foi o primeiro ao comezo do curso 2014-15. Milo Abelleira, que daquela era director da base, dirixiu ao equipo nun encontro, entre o cesamento de Manu e a contratación de Luisito. O teense estivo desde outubro de 2014 ata decembro de 2017. Luismi dirixiu ao equipo desde xaneiro de 2018 ata outubro de 2019; Pouso fíxoo desde novembro de 2019 ata febreiro de 2020. Para acabar, tivo baixo a súa dirección a Jesús Ramos, que ademais de dirixir un encontro en condición de interinidade entre a saída de Luismi e a chegada de Pouso, estivo o remate da campaña 2019-20 e o comezo da xa finalizada 2020-21.

Nos últimos meses, despois da súa dimisión, seguiu como conselleiro da área deportiva, traballando para a entidade, pero sen tomar decisións de cara ao novo curso, á espera da chegada do novo inquilino da área deportiva.

Durante a súa estadía na entidade de Pasarón, o Pontevedra viviu etapas de luces e de sombras: notables éxitos, decepcións e fracasos. O ascenso do primeiro curso na entidade e un primeiro trienio moi positivo do plantel granate, pechado coa disputa dunha promoción de ascenso na campaña 20, deixou paso a unha etapa de irregularidade e sufrimento. O Pontevedra estivo a piques de descender na temporada 2017-18. Debeu de agardar ata a última xornada para garantir a permanencia.

O ascenso a Segunda B e o play-off de 2017 a Segunda contrastan coas malas campañas 2017-18 e a que vén de rematar

Non obstante, o curso no que o equipo estivo máis lonxe do obxectivo marcado, o que vén de concluir hai unhas semanas, acabou por poñer fin á súa etapa.

Nas sete campañas nas que exerceu os seus servizos para o Pontevedra, levou a cabo 87 fichaxes, máis de 12 de media por temporada: 78 producíronse durante o verán e outras 19 nos diferentes mercados de inverno.

Chegaron a Pontevedra homes emblemáticos, como Mouriño, Campillo, Mario Barco, Álex González, Borja Domínguez, Álvaro Bustos, Víctor Vázquez, Romay, Rufo ou Charles, pero tamén marcharon outros que parecían destinados a vivir máis anos como granates, como Edu Sousa e Kevin Presa.

As sete temporadas de Feáns
Comentarios
ç