O Teucro intenta prolongar a súa vida contra o Esplugues

O bloque pontevedrés busca osíxeno coa primeira vitoria da fase pola permanencia despois de dous meses sen vencer  
Una imagen del encuentro de ida entre el Teucro y el Alcobendas. DAVID FREIRE
photo_camera Caue Herrera intentando lanzar a portería nun partido desta temporada. DAVID FREIRE

A Sociedad Deportiva Teucro intentará cambiar a súa dinámica de xogo no partido que o enfronta este sábado pola tarde contra o Esplugues no pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra (20.00 horas). O bloque da cidade do Lérez pretende poñer fin á súa xeira de oito derrotas consecutivas para prolongar a súa vida na categoría durante unha semana máis. 

Despois do esperanzador triunfo que obtivo a finais de xaneiro contra o Atlético Novás, que lle facía crer na posibilidade da permanencia, o bloque de Irene Vilaboa foi perdendo paseniñamente o empuxe que lle permitira voltar ser unha escadra competitiva. 

Como consecuencia, a entrada na segunda fase da competición na última posición do grupo e as dúas derrotas que abriron a liga pola permanencia posicionan ao conxunto azul nunha situación cada día máis irreversible. 

Irene Vilaboa non poderá contar con Marcos Vinicius e ten a dúbida de Marko Dzokic

Á dinámica de resultados negativos que sofre o bloque de Irene Vilaboa hai que agregar os problemas físicos que afectan ao colectivo. A adestradora do conxunto da cidade do Lérez non poderá contar cos servizos de Marcos Vinicius, que se fracturou os dedos dunha man, e ten a dúbida de Marko Dzokic, que intentará reincorporarse despois de ser obxecto dunha operación nos testículos.

Enfronte, o Teucro terá a un rival en apuros. O Esplugues comparece na cita despois dun mal inicio de segunda metade do curso contra os dous equipos máis en forma e mellor posicionados para garantir a permanencia na categoría. Tanto o Villa de Aranda como o Alcobendas bateron con certa suficiencia ao bloque catalán, que quere aferrarse ás súas opcións de permanencia sumando os primeiros puntos da segunda metade do campionato en Pontevedra. 

É un equipo similar, en canto a dinámicas, ao Teucro: mellorou desde que principiou o novo, aínda que segue algo lonxe da zona de salvación. 

Comentarios