A tinguir a Malata de granate

O Pontevedra, líder momentáneo da categoría, viaxa a Ferrol para medirse ao Rácing (colista) na busca da súa segunda vitoria da tempada. Luismi poderá contar finalmente con Adhighibe e Álex González, recuperados "al 100%"
Os xogadores do Pontevedra festexan o segundo gol ante o Coruxo, obra de Adighibe. DAVID FREIRE
photo_camera Os xogadores do Pontevedra festexan o segundo gol ante o Coruxo, obra de Adighibe. DAVID FREIRE

Chega a segunda xornada do Grupo I da Segunda División B e o fai co tamén segundo derbi galego consecutivo para o Pontevedra. O conxunto granate chega como líder da categoría para medirse ao Rácing de Ferrol a partir das 20.00 horas na Malata, na procura dos segundos tres puntos despois de vencer ao Coruxo no debut. O Rácing, pola súa banda, chega como colista tras perder no partido inicial ante a UD Sanse.

Para o partido, Luismi terá a súa disposición a Adighibe e Álex González para conformar o once titular. "A Álex le falta algo de ritmo por no jugar los últimos partidos de pretemporada y en el debut. Pero tanto él como Adighibe llegan al 100%", asegurou o preparador vigués na última sesión de adestramento previa ao partido.

Os que seguro non vestirán este sábado coa elástica granate serán Javi López e Santi Figueroa, que continúan coas súas molestias e non viaxarán co resto dos seus compañeiros. Tampouco o farán nin Mouriño, que vén de rescindir o seu contrato co Pontevedra; nin Alfredo Mejía, que continúa en Honduras solucionando os problemas co seu tránsfer.

O RIVAL

Pese a que no debut o conxunto da Boa Vila logrou unha vitoria algo máis cómoda do esperado, na segunda metade o equipo sufriu bastante, replegouse no seu campo e intentou sen moito acerto saír rápido á contra. O técnico granate, consciente do poderío ofensivo do adversario, sabe cal será a clave do éxito no encontro: "Serán muy importantes las buenas vigilancias, estar muy atento. El nivel de concentración tiene que ser el máximo porque en cualquier acción pueden desnivelar el partido".

Luismi salienta o "desborde" de Dani Abalo e o "manejo y juego" de Álex López

O responsable do banquillo granate fixo unha valoración do renovado proxecto do Rácing: "Es continuísta. Mismo entrenador que ascendió al equipo, mismo bloque, e incorporaciones de jugadores con un currículum importante, que le dan ese 'saltito' de calidad necesario al subir de categoría".

Sobre os puntos fortes máis importantes do seu adversario, Luismi non dubidou en destacar "el desborde de Dani Abalo y el manejo y el juego de Álex López". "A nivel ofensivo es un equipo a tener en cuenta", concluíu.

A importancia da afección
O Pontevedra leva dende o pasado luns organizando o desprazamento da afección para animar ao equipo a conseguir a segunda vitoria consecutiva, contra un dos adversarios que máis rivalidade gardan coa entidade. Finalmente, dous autobuses acompañarán á disciplina pontevedresa noutro derbi galego, desta quenda contra o Rácing de Ferrol.

O míster, Luismi Areda, valorou de forma moi positiva esta mobilización de afeccionados: "Ver granate entre el verde de la Malata motiva e ilusiona, y mucho. Si normalmente sales al 100%, en estos partidos tienes que dar el 200. Es importantísimo que enchufemos a la afición", comentaba este venres o adestrador en rolda de prensa.

O triunfo e as boas sensacións sobre todo na primeira parte do partido inaugural, fan que "la gente se vuelva a ilusionar por el equipo, y eso nos pone muy contentos", asegurou Luismi, que demostrou tamén ledicia de volver a competir na Malata, algo que non facía dende a súa etapa como xogador. Alí, agarda que os seus rindan o suficiente para amenizar a viaxe de volta: "Que vuelvan con la satisfacción de lo que ha hecho su equipo".

Comentarios