Tino Fernández: "Estase querendo meter presión ao Concello a través dos clubs"

O Concelleiro de Deportes de Pontevedra amosouse moi crítico coa Fundación Rías do Sur no contexto da disputa pola apertura ou peche do Complexo Deportivo de Ponte Muíños
Agustín Fernández. ADP
photo_camera Agustín Fernández. ADP

O concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, foi contundente sobre o conflicto do Complexo Deportivo Rías do Sur e quixo lembrar a perspectiva do Goberno local e a súa particular. Foi moi directo coa Fundación Rías do Sur.

Sobre a apertura da piscina de 25 metros, comprometida con Rías do Sur e os clubs por tres meses en base a unha subvención que o Concello emitirá para que os clubs poidan pagar os gastos xerados polo uso, explicou que "(o presidente da Fundación, Héctor Vilariño, e el) debemos de estar en reunións diferentes, porque todos os que estivemos alí tiñamos claro que o acordo foi polo primeiro trimestre do ano". Vilariño sostén que era de decembro a febreiro.

"A piscina é unha instalación tan privada como as pistas de tenis da Caeira"

O Goberno local está a traballar nunha proposta económica, non só para aboar a contía desas subvencións, senón tamén para unha liña de colaboración coa instalación de maneira que permaneza aberta en seguintes meses. Fernández laiouse de que "os datos chegáronnos hai poucos días. Parece como se alguén estivese interesado en manipular", dixo, antes de aclarar que "a piscina non vai pechar.

Polo menos non será polo Concello", asegurou e agregou tamén que hai "outras institucións ás que tamén se pode recorrer", como a Xunta de Galicia. "Parece que se pecha, é culpa do Concello, que o Concello é culpable de todo, ata de que chova", asegurou antes de lembrar que Rías do Sur "é unha instalación tan privada como as pistas de tenis da Caeira. E non queremos incorrer nun agravio con outros clubs de outros deportes. O Concello xa se ofreceu a facerse cargo da xestión. Parece que a Fundación non é quen de xestionala. Nós estamos dispostos a facelo, pero non sendo parte do patronato, senón converténdoa en instalación pública municipal".

E agora "estamos a procurar unha solución para que os clubs poidan ter unhas garantías para poder seguir exercendo a súa actividade", asegurou, antes de finalizar, moi contundente, que "sabemos que estamos en precampaña, pero eu, por sorte ou por desgraza, non o estou. Aquí estase querendo meter presión a través dos clubs e eu non a levo demasiado ben", ironizou.

OS CLUBS REÚNENSE CO CANDIDATO SOCIALISTA AO CONCELLO, IVÁN PUENTES
Os clubs usuarios de Rías do Sur reuníanse o pasado martes co candidato do PSOE ás próximas eleccións locais, Iván Puentes, para estudar a viabilidade do Complexo Rías do Sur e analizar vías a posibilidades de colaboración.

Desde o CN Galaico valoraron como "produtiva" a xuntanza ao comprobar a vontade do Puentes e o seu equipo de traballo a avaliar diferentes variables, como a entrada do Concello no patronato da Fundación, sempre que Puentes acceda ao Goberno despois dos comicios da próxima primavera. 

Desde o CN Galaico estiman que a combinación entre o público e o privado é posible para o funcionamento do centro y "pedimos que la parte pública vele por el deporte federado".

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios