Todo listo para a San Silvestre

Os participantes poderán recoller os seus dorsais na Casa da Luz dende este martes ata o domingo

Participantes en la carrera San Silvestre en 2016. RAFA FARIÑA
photo_camera Participantes na carreira San Silvestre en 2016. RAFA FARIÑA

Xa está todo listo para a 34 edición da carreira San Silvestre de Pontevedra organizada pola Ximnástica en colaboración co Concello e que se celebrará o vindeiro 31 de decembro.

Entre as novidades deste ano atópase a instalación dun circuíto de 5 quilómetros polo centro da cidade para evitar a confluencia de participantes na chegada e na saída. O pasado ano o percorrido de algo máis de catro quilómetros quedou escaso para os participantes porque cando os primeiros chegaban a meta, aínda saían corredores.

Ata agora están entregados arredor de 890 dorsais. Os interesados en participar na carreira aínda  poden recoller os seus a Casa da Luz nos seguintes horarios: días 26, 27 e 28 de 17 a 19.30 horas; días 29 e 30 de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30; e día 31 de 10 a 13.30 horas.

Nesta ocasión, o dorsal número 1 será para Víctor Riobó, gañador de 11 edicións da San Silvestre de Pontevedra.

A organización pide que todas as persoas corran con dorsal e que realicen unha contribución económica dun euro para sufragar os gastos da carreira. Os participantes poderán realizar, ademais, un xesto solidario, levando o día da carreira un produto non perecedoiro ou leite. 
 

Comentarios