Todos con Gustavo Dacal na gala celebrada en Ponte Caldelas

Recadáronse 4.000 euros para axudar á recuperación do excampión de España de xavelina 
Unha actuación na gala Todos con Dacal. CEDIDAJPG
photo_camera Unha actuación na gala Todos con Dacal. CEDIDAJPG

Oito grupos musicais da comarca e da contorna tomaron parte este venres na gala solidaria Todos con Gustavo Dacal, destinada a recadar fondos para axudar ao deportista local na súa loita e rehabilitación tras ser obxecto de varias doenzas e unha infección que lle afectou á columna e que o mantén en cadeira de rodas en México.

Os veciños encheron o salón de actos do Colexio Público de Ponte Caldelas Manuel Cordo Boullosa para colaborar. O prezo da entrada, de cinco euros, estaba destinado integramente á causa. En total recadáronse 4.000 euros. 

Asistentes á gala Todos con Dacal. CEDIDA
Asistentes á gala Todos con Dacal. CEDIDA

Comentarios