Toledo, Alcoyano e...?

Villanovense, Murcia e Cartagena loitan pola segunda praza do grupo IV, o único que non ten decidido o seu subcampión ►Toledanos e alacantinos acabarán segundos dos grupos II e III
Os xogadores do Murcia celebran a súa clasificación para o play-off en La Roda. O cadro ‘pimentonero’ é un posible rival do Pontevedra
photo_camera Os xogadores do Murcia celebran a súa clasificación para o play-off en La Roda. O cadro ‘pimentonero’ é un posible rival do Pontevedra

O Pontevedra xa sabe o nome de dous dos tres posibles rivais que estarán dentro das bolas do sorteo do play-off de ascenso. O Toledo e o Alcoyano xa teñen garantido o segundo posto de cadanseus grupos, despois da disputa da penúltima xornada de Liga de Segunda División B.

O cadro castelán ten 65 puntos, tres menos có Albacete, co que ten a golaveraxe particular perdida (gañou no Carlos Belmonte 0-1, pero foi goleado no Salto del Caballo 0-6). Non pode ser campión, pero tampouco pode ser alcanzado polo terceiro, cuarto e quinto clasificados, Fuenlabrada, Rayo Majadahonda e Leioa, que dispoñen de 60 puntos e pelexarán por dous postos de fase de ascenso na última xornada.No grupo III, o Alcoyano tamén certificou o seu subcampionato. O Barcelona B está a outra cousa desde hai tempo (79 puntos polos 67 dos alacantinos) e ao mesmo tempo o Valencia Mestalla e o Badalona non poden cazalo (suman 62 e 60 puntos, respectivamente).

A chave Catro por definir Dous equipos do grupo II e un dos grupos III e IV deben pechar aínda a súa praza de play-off Polo liderado

O cadro castelán ten 65 puntos, tres menos có Albacete, co que ten a golaveraxe particular perdida (gañou no Carlos Belmonte 0-1, pero foi goleado no Salto del Caballo 0-6). Non pode ser campión, pero tampouco pode ser alcanzado polo terceiro, cuarto e quinto clasificados, Fuenlabrada, Rayo Majadahonda e Leioa, que dispoñen de 60 puntos e pelexarán por dous postos de fase de ascenso na última xornada.

No grupo III, o Alcoyano tamén certificou o seu subcampionato. O Barcelona B está a outra cousa desde hai tempo (79 puntos polos 67 dos alacantinos) e ao mesmo tempo o Valencia Mestalla e o Badalona non poden cazalo (suman 62 e 60 puntos, respectivamente).

O único grupo que permanece aberto é o IV, no que só se sabe quen será o campión, o La Hoya Lorca, que dirixe David Vidal.

Os outros tres postos están por aclarar. E, sobre todo, a súa orde. O Villanovense (equipo de Villanueva de La Serena, Badajoz) ocupa o segundo posto a falta dunha xornada para concluír o exercicio, pero ten que empatar, como mínimo, na última xornada contra o Atlético Sanluqueño para poder conservala. Conta con 66 puntos, e o Murcia e o Cartagena con 64, pero quedaría por diante dos seus perseguidores en tódolos casos de empates finais a puntos.

O Murcia precisa gañarlle ao Extremadura na última xornada e que perda o bloque pacense para facerse co segundo posto, mentres que o Cartagena debería vencer na casa contra o Recreativo de Huelva, que non o fagan os murcianos e que perdan os estremeños.

Loita no grupo I A Cultural Leonesa, o Racing e o Celta B xogarán o título na última tirada da Liga

ÚNICO CUARTO. Dos 16 equipos que tomarán parte na fase de ascenso, só falta por confirmar a presenza na promoción de catro conxuntos: dous do grupo II e un dos grupos III e IV.

O Pontevedra Club de Fútbol é o único cuarto que ten garantida a súa presenza na promoción e ademais sabe xa que vai ocupar ese mesmo lugar á conclusión da campaña, suceda o que suceda na última xornada.

Ademais do once pontevedrés, só hai cinco equipos máis de play-off que saben en que posición van acabar o exercicio: os campións dos grupos II (Albacete), III (Barcelona B) e IV (La Hoya Lorca) e os xa mencionados Toledo e Alcoyano.

No grupo I, a Cultural Leonesa, o Racing de Santander e o Celta B loitarán na última xornada polo primeiro posto, con toda a vantaxe para os leoneses, que se medirán ao Osasuna B, coa permanencia xa garantida. O Racing de Santander viaxará a Izarra e o Celta B a Guijuelo. Nin navarros nin salmantinos se xogan nada, xa que non teñen opcións de clasificarse para disputar a Copa do Rei nin perigo de descender.

No grupo II, a pelexa polo terceiro e cuarto postos afecta aos citados Fuenlabrada, Rayo Majadahonda e Leioa, todos con 60 puntos.

No grupo III, o Valencia Mestalla, o Badalona e o Atlético Baleares son terceiro, cuarto e quinto, respectivamente, graduados de dous en dous puntos (62, 60, 58), de maneira que os barceloneses poderían ocupar calquera das tres posicións. Para meterse na fase, o Atlético Baleares precisaría vencer e que perdese o conxunto catalán.

No grupo IV, o Cartagena necesita puntuar para meterse na promoción e evitar así que o Mérida, que lle ten gañada a golaveraxe particular, poida alcanzalo vencendo no seu último envite. O Murcia e o Villanovense non saben en que praza rematarán, pero si que xogarán a promoción de ascenso.

Comentarios