A Selección Galega logrou un torneo para estar orgullosos

Samuel Pena, do Leis, formou parte da selección galega sub- 19 que alcanzou as semis do Nacional
Samuel Pena foi un dos representantes da Selección Galega sub19 en Ourense. LEIS PONTEVEDRA
photo_camera Samuel Pena foi un dos representantes da Selección Galega sub19 en Ourense. LEIS PONTEVEDRA

"Orgullosos es poco. El trabajo de esta selección, de todos los que la forman, fue increíble. Los jugadores, el staff, los fisios. Duele mucho porque queríamos estar en esa final, que el campeonato se quedara en Galicia, pero perder de la forma en que lo hicimos te deja con mejor sabor de boca", comenta Samuel Pena - Leis Pontevedra xuvenil, División de Honor- cando se lle pregunta pola eliminación da selección galega sub-19 contra Cataluña, campiona e a maior potencia das canteiras nacionais. Unha caída nas semifinais do Campionato de España, celebrado no Pavillón Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, que non empeña a gran actuación do conxunto galego.

Unha actuación que comezou coa súa clasificación na fase previa, nun grupo de cinco no que só dous poderían obter o billete ata Ourense. Alí estaban a Comunidade Valenciana, Ceuta, Aragón e as propias Galicia e Cataluña. Tras superar ás tres primeiras e caer ante a favorita, os galegos gañáronse un posto na súa casa.

En Ourense, Galicia quedaría encadrada nos cuartos de final contra outra das grandes potencias do torneo e gañadora do último campionato, a selección de Andalucía. O partido, como conta o propia Samuel, estaría á altura das circunstancias: "Llegábamos con una ambición increíble. Teníamos ganas de comernos el campeonato. Los dos equipos estuvimos increíbles. Sobre todo, fue un partido de porteros", comenta sobre un encontro que, tras rematar 1-1, acabou por decidirse nos penaltis.

As bancadas do pavillón, como non, tamén xogaban como locais. Tamén formaban parte do partido. "En cualquier ocasión de gol, en cualquier balón dividido que ganabas, tenías a toda la grada animándote. Contra Andalucía, cuando entro en la segunda rotación, escucho que me aplauden. Que dices tú: es increíble. Es una sensación que creo que no acabas de entender si no la vives", lembra con emoción o xogador do Leis.

A emoción se traslada, igual que os folgos da súa afección, á revancha contra Cataluña, nunhas semifinais onde os galegos o deixaron todo. "Llegamos con ganas de comérnoslos. Fue un partido muy reñido. Como contra Andalucía, los porteros estuvieron increíbles", comenta antes de falar da grande chave do partido, que significou o seu desenlace a falta de tres minutos: "Tienen jugadores diferenciales y en un balón a falta de tres minutos, donde otro se pondría nervioso, el de Cataluña la puso donde no llegan los porteros. Nos ganaron el partido, pero no habría pasado nada si lo hubiésemos hecho nosotros".

Foi unha experiencia que significou a primeira vez de Samuel Pena no campionato. E o balance, como confesa, foi inmellorable: "Estoy muy contento por todo lo que hicimos, tanto dentro como fuera del campo. Me siento orgulloso de representar a la selección, del grupo que hemos formado".

Comentarios