O tríatlon Cidade de Pontevedra volve con forzas e seguridade

A proba realizarase seguindo todos os protocolos sanitarios vixentes
Presentación da proba. DP
photo_camera Presentación da proba. DP

"É dificil entender un ano en Pontevedra sen tríatlon; deporte e cidade están unidos e están vencellados. De non haber unha proba na cidade de triatlón estaríamos un pouco orfos", sinalou Tino Fernández, concelleiro de Deportes, ao comezar a súa intervención durante a presentación XX Tríatlon Cidade de Pontevedra.

Considerada unha das probas estrela da cidade, volve logo dun ano de pausa por mor da crise sanitaria. A cita celebrarase ao longo do vindeiro sábado, 21 de agosto, a través de 3 probas distintas:

- Campionato Galego masculino (15h)
- Campionato Galego feminino (16.30h)
- Campionato Galego Remudas Mixtas (19h)

"Vai ser un día para gozar co triatlón, sempre con sentido común e con prudencia", explicou Fernández, que tamén lembrou que se trata dun circuito amplo e longo, o que permitirá unha dosposición do público que evitará calquera tipo de aglomeración, ao mesmo tempo que se vixiarán os puntos concretos onde poida xuntarse máis xente.

Como é norma, a proba realizarase seguindo todos os protocolos sanitarios vixentes, dun xeito estrito, velando pola seguridade dos participantes e dos espectadores que se acheguen a beira do Lérez.

O circuito pode ser coñecido e estudado de xeito virtual a través desta ligazón. A información relacionada cos cortes de tráfico pertinentes será notificada este xoves.

Comentarios