Unha década de paixón

O ano 2008, coa celebración dunha proba da Copa de Europa de Tríatlon, foi o punto de inflexión da relación de Pontevedra coa disciplina ▶O Mundial Multisport será a terceira gran cita que acolla a Boa Vila despois do Europeo e o Mundial de Dúatlon

Ao longo dos últimos dez anos, a cidade do Lérez acolleu diferentes eventos deportivos de distintas disciplinas, converténdose no epicentro galego do deporte. ADP
photo_camera Ao longo dos últimos dez anos, a cidade do Lérez acolleu diferentes eventos deportivos de distintas disciplinas, converténdose no epicentro galego do deporte. ADP

Para falar dos primeiros contactos da cidade do Lérez co mundo do tríatlon hai que remontarse a hai case 40 anos. Foi na década dos oitenta cando a Boa Vila comezou a ter as primeiras relacións con esta disciplina deportiva. De feito, daquela, en Pontevedra existía un club, o Panoramix, e a súa cabeza visible era o Doctor Cruces, que vinculaba de forma miúda a cidade co triatlón.

Non foi ata ben entrado o século XXI, cando a cidade do Lérez comezou a moverse máis nese ámbito, xa que ata a data a relación entre ambas partes era algo moi puntual. Grazas ao empeño de Álvaro Ogando a través do Galaico, a cidade comezou a acoller probas rexionais.

Ninguén imaxinaba entón ata onde ía chegar o tríatlon en Pontevedra, nin que grandes eventos deportivos chegaría a abeirar o municipio, facéndose un oco no panorama internacional. Pero coa entrada do 2008, as cousas comenzaron a coller outro ritmo, que decidiría o futuro da relación da cidade co tríatlon.

Os primerios contactos da cidade do Lérez coa disciplina do tríatlon remóntanse a década dos oitenta

Na primavera do 2008, o Concello de Pontevedra e maila Xunta de Galicia anunciaron que a cidade do Lérez acollería no mes de abril unha proba da Copa de Europa desta disciplina. Ao amparo do "boom" de Javi Gómez Noya comezaba unha aposta que acadou unha resposta que foi unha absoluta sorpresa.

Dende entón, coa presenza do triatleta ferrolán no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e de Iván Raña, que naquel tempo xa tiña un ouro Mundial ás costas, a Boa Vila foi creando un moi bo ambiente arredor desta actividade.

O 2008 converteuse nun punto de inflexión para Pontevedra, que logrou colocarse no mapa do deporte nacional, europeo e case internacional. A partir dese ano, a cidade continuou acollendo diferentes probas europeas, ata que no 2011 se celebrou o primeiro Campionato de Europa na Boa Vila, coincidindo así coa modificación da denominación do Mundial a World Series.

A principios do século XXI, grazas ao empeño de Álvaro Ogando, Pontevedra comezou a acoller probas de carácter autonómico

Pero ao ano seguinte, a cidade converteuse nunha aposta fixa por a disciplina atleta no ámbito nacional ao acoller o Campionato de España, que repetiría sede en diferentes modalidades nos anos seguintes. A verdadeira revolución do tríatlon en Pontevedra chegou no 2015 coa celebración do Mundial de Dúatlon.

MUNDIAL TRÍATLON. Sen lugar a dúbidas, o gran ano do tríatlon en Pontevedra será o 2019. A partir deste venres, a cidade do Lérez acollerá o evento deportivo máis importante que nunca antes albergara: o Mundial Multisport,que reunirá a preto de 5.000 deportistas de todo o mundo. Este campionato é a aposta visible para as competicións de alto nivel.

Pero este ano, Pontevedra non só cobrará protagonismo pola celebración do Mundial de Tríatlon, se non que tamén será a sede do Campionato Mundial de Balonmán Júnior, no que se espera tamén unha gran afluencia de xente. Nos últimos anos, esta cidade apostou enormemente polos campionatos de alto nivel como foi, ademáis das diferentes probas de tríatlon, o Open Cidade de Pontevedra de taekwondo no 2014, La Vuelta a España, ou diferentes competicións nacionais de piragüismo, ximnasia ou baloncesto.

Comentarios