O visitante máis familiar

Ademais de ser un dos rivais máis recurrentes en Segunda B, o Celta B é o equipo que nutriu de máis xogadores ao Pontevedra no século
 
Víctor Vázquez militou no Celta B ans antes de fichar p olo Pontevedra na campaña 2018-19. GONZALO GARCÍA
photo_camera Víctor Vázquez militou no Celta B ans antes de fichar p olo Pontevedra na campaña 2018-19. GONZALO GARCÍA

Ademais dunha gran rivalidade entrámbalas dúas cidades e entre as súas afeccións, Vigo e Pontevedra retroaliméntanse futbolisticamente.

O próximo domingo visita Pasarón o rival máis familiar do Pontevedra. Non só porque é un dos cadros ao que máis veces se enfrontou na súa historia, senón porque ademais é unha das fontes de alimentación máis comúns para o bloque da cidade do Lérez.

O Celta B é o conxunto que máis futbolistas forneceu ao Pontevedra do último século. Formaron parte do primeiro equipo do PCF tantos xogadores da canteira celeste como da propia base granate nos últimos 20 anos (sen computar as aparicións moi puntuais de futbolistas que non teñen ficha no primeiro equipo e non pasan dun ou dous partidos).

Na actualidade, varios homes da casa pontevedresa teñen pasado coa elástica celeste. Santi Figueroa, Martín Diz, Samu Vilariño, Charles e Víctor Vázquez. Só o central de Marín formou no filial celeste, posto que os tres rapaces estiveron en categorías cativas, mentres que Charles foi dianteiro do primeiro plantel de Balaídos.

Víctor é o único ex do Celta que defende os intereses do Pontevedra; Charles, Samu, Diz e Santi foron celestes noutras categorías

Pero non só houbo xogadores do Celta B que pasasen a formar parte do PCF, senón que tamén hai unha herdanza granate en Barreiro.

Secomasí, o fluxo de futbolistas entre as dúas franquicias é constante. Desde aqueles futbolistas do cambio de século, como Jonathan Aspas, Borja Burgos, Jacobo Campos ou Pablo López, ata o Churre, defenderon os intereses dos dous bloques preto de medio centenar de xogadores.

E iso que o século non comezou con moita forza nese senso, dado o forte investimento que fixo Nino Mirón na súa chegada ao club, o que provocou que apuntase cara outros mercados, tamén axudado polos coñecementos do fútbol asturiano do daquela adestrador, Raúl González. Con Óscar Bruzon e Andrés Curiel, aquel dianteiro tanque ao que o Fondo Norte adicara un cántico pegadizo, comezou a centuria.

Mentres o PCF se manexou en grandes cifras, o abastecemento de celtistas foi menor. Yahvé Prieto e, sobre todo, Luciano, foron as seguintes excepcións dunha época de pouco tráfico Sur-Norte. A eles uniuse Oláiz, que foi de Pontevedra a Vigo e volveu. Cara ao remate da década pasada, sumáronse ao Pontevedra Xurxo Rodríguez, Yago González e Aicart.

Sen embargo, a explosión foi no actual decenio. Con Milo Abelleria como mestre de cerimonias, foron incorporándose ao PCF homes como Richi Jerónimo, Iván Freiría, Diego Peña, Pablo Suárez, Gabi Misa, David Sestelo ou Cristóbal Juncal, cada un cun diferente protagonismo. Pazó foi antes granate ca celeste, aínda que saiu e regresou despois a Pasarón.

En temporadas seguintes seguiu o fluxo, coa aparición de Moreira, Candela, Pablo Lede, o regreso de David Pérez, Pablo Carnero, Luismi, Benja ou Pedro García, aos que se lles unirían Capi, Álex Fernández, Mouriño ou Campillo -estes dous, xogadores dos máis queridos da historia recente do club-. Añón, Dani Portela, Eder, David Goldar e Pedro Vázquez foron os últimos exceltistas que defenderon as cores granates.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios