Zach Monaghan, reforzo de luxo para o Marín Peixegalego

O base norteamericano ten unha ampla experiencia en LEB Ouro
Zach Monaghan, en uno de sus primeros años en el Básket Coruña. ARCHIVO
photo_camera Zach Monaghan, en uno de sus primeros años en el Básket Coruña. ARCHIVO

O base Zach Monaghan chegará este venres a Galicia desde Estados Unidos para selar o seu acordo co Marín Peixegalego e pórse ás ordes de Javier Llorente. 

O xogador norteamericano é a última peza que faltaba no quebracabezas do equipo marinense, co que acadara un acordo verbal despois da súa saída do Leyma Coruña de LEB Ouro.

Monaghan está chamado a ser a peza angular do proxecto do cadro azul.  Posúe unha longa traxectoria na segunda categoría do baloncesto español, sempre nas ringleiras do cadro coruñés, e ademais militou nas primeiras divisións belga e búlgara. As súas habilidades baloncestísticas convérteno nunha das grandes fichaxes da categoría e da historia do club da Raña.

O norteamericano debeu agardar varios meses para poder solucionar asuntos burocráticos para retornar a España.

O playmaker podería debutar esta fin de semana co bloque de Marín contra o Obradoiro Ames, no que será o retorno á casa da escadra morracense despois de catro partidos seguidos a domicilio. O duelo disputarase este sábado, a partir das 20.00 horas na Raña.

Comentarios